Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación por concurso, con procedemento aberto, para a adquisición, sistema Renting, dun vehículo para protección civil.

1. Entidade adxudicadora: concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: adquisición, sistema Renting dun vehículo para protección civil.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de alugamento: 48 meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 42.252 euros, IVE incluído (880,25 euros/mes).

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello nº 12, Tarrío-Culleredo.

b) Código postal e localidade: 15189 Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

9. Presentación de ofertas: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (BOP ou DOG).

10. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: concello de Culleredo, rexistro xeral das 9 ás 13 horas.

12. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas. Se fose festivo, trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

13. Gastos de anuncios: aproximadamente 495 euros.

Culleredo, 13 de novembro de 2002.

P.D. (Resolución 22-10-1999; BOP 13-11-1999)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio e Contratación