Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002 referente á convocatoria para prover dúas prazas de subalterno de Administración xeral.

No BOP de Pontevedra nº 229, do 28 de novembro de 2002, publícanse integramente as bases que rexe

rán a convocatoria para prover en propiedade, polo sistema de concurso-oposición libre, dúas prazas de subalterno de Administración xeral, vacantes no cadro de persoal deste concello.

O prazo de presentación de instancias sería de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes á presente convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do concello.

Bueu, 28 de novembro de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde