Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición de equipamento electromédico e mobiliario clínico con destino ó edificio de radioterapia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. (12 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-08/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento electromédico e moblaxe clínica.

c) Lote: 12 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 78, do 23 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Orzamento: douscentos once mil oitocentos trinta e dous con oitenta e oito euros con IVE incluído, (211.832,88 euros, con IVE incluído).

LoteDescriciónImporte dos lotes

1Monitor hemodiálise hemodiafiltración137.932,29 euros

2Monitor ECG. PNI6.611,13 euros

3Guindastre-pesa mobilización de doentes43.207,08 euros

4Desfibrilador10.818,22 euros

5Báscula pesacamas8.113,66 euros

6Equipamento electromédico diversos servicios14.856,94 euros

7Electrocardiógrafo3.005,06 euros

8Monitor de dinámica de fluxos para hemodiálise6.611,13 euros

9Angarellas e sistema mobilización doentes4.639,84 euros

10Carros diversos servicios6.641,21 euros

11Mobiliario clínico para diversos servicios7.194,30 euros

12Cadeira de extraccións1.202,02 euros

Adxudicacións:

Lote 1: monitor hemodiálise hemodiafiltración.

Lote 5: báscula pesacamas.

a) Data : 10 de setembro de 2002.

b) Contratista: Gambro, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento corenta e seis mil corenta e cinco con noventa e cinco euros, IVE incluído (146.045,95 euros, IVE incluído).

Lote 2: monitor ECG, PNI.

Lote 4: desfibrilador.

a) Data: 10 de setembro de 2002.

b) Contratista: Tecnomed 2000, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dezaseis mil trescentas noventa e cinco euros, IVE incluído (16.395 euros, IVE incluído).

Lote 3: guindastre-pesa mobilización doentes.

a) Data: 10 de setembro de 2002.

b) Contratista: Arjo Spain, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: tres mil novecentos euros, IVE incluído (3.900 euros, IVE incluído).

Lote 6: equipamento electromédico diversos servicios.

Lote 7: electrocardiógrafo.

a) Data: 10 de setembro de 2002.

b) Contratista: Galmédica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: quince mil seiscentos sesenta e seis con vinteún euros, IVE incluído (15.666,21 euros, IVE incluído).

Lote 8: monitor dinámica de fluxos para hemodiálise.

a) Data: 10 de setembro de 2002.

b) Contratista: Fresenius Medical Care España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: tres mil seiscentos noventa e seis con vintedous euros, IVE incluído (3.696,22 euros, IVE incluído).

Lote 9: angarellas e sistema de mobilización doentes.

a) Data: 10 de setembro de 2002.

b) Contratista: Hidemar Mobiliario Clínico, S.L.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: catro mil cincocentos setenta e dous con noventa euros, IVE incluído (4.572,90 euros, IVE incluído).

Lote 10: carros diversos servicios.

Lote 11: mobiliario clínico para diversos servicios.

Lote 12: cadeira de extracións.

a) Data: 10 de setembro de 2002.

b) Contratista: Sumcyl, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: once mil corenta e nove con cero un euros, IVE incluído (11.049,01 euros, IVE incluído).

En cumprimento do disposto na Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, notifícase, advirtíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos