Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se notifica a resolución dictada no recurso de alzada interposto por Dolores Álvarez Fernández, sobre solicitude dunha pensión non contributiva.

En cumprimento co establecido nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1991, do 13 de xaneiro, e por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle á interesada, que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por ela mesma Dolores Álvarez Fernández contra a denegación dunha pensión non contributiva.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais

ANEXO

Destinataria: Dolores Álvarez Fernández.

Domicilio: rúa Conchases, 32-1º-O Grove (Pontevedra).

Texto: inadmitir a trámite por extemporáneo o recurso de alzada interposto por Dolores Álvarez Fernández e confirma-la resolución da Delegación Provincial desta consellería en Pontevedra, do 11 de febreiro de 2002, pola que se acorda a declaración de caducidade e arquivo de tódalas actuacións practicadas neste expediente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109 a) da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñer recuso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia, segundo o disposto no art. 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, desde o día seguinte á notificación da resolución de conformidade co establecido no artigo 46 da referida Lei 29/1998.