Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico no regato Xallas e da liña soterrada de 20 kV de conexión do dito aproveitamento coa da empresa distribuidora de Fenosa, promovida pola empresa Hidroeléctrica del Arnoya, S.L., no termo municipal de Negreira, A Coruña.

Visto o escrito presentado pola sociedade Hidroeléctrica del Arnoya, S.L., con CIF nº B-80341423 e con domicilio para efectos de notificacións en Cantón Grande nº 6, 6º-A, 15003 A Coruña, solicitando autorización administrativa e aprobación do proxecto hidroeléctrico arriba epigrafado, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Francisco Salazar Mitchel, en representación de Hidroeléctrica del Arnoya, S.L., e con relación ó anuncio do 27 de xullo de 1998, publicado no BOP da Coruña do 8 de agosto de 1998, de apertura do trámite de competencia de proxectos relativos á solicitude de concesión de augas superficiais para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no

regato Xallas, cunha potencia non superior a 5.000 kVA, presentou petición para a obtención da concesión anterior de conformidade co exposto no Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo, polo que se establece un procedemento abreviado de tramitación de concesións e autorizacións administrativas para a instalación, ampliación ou adaptación de aproveitamentos hidroeléctricos con potencia nominal non superior a 5.000 kVA e o Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, todo iso con relación ó Decreto 63/1997, do 14 de marzo, polo que se regula o exercicio de determinadas funciones en relación á tramitación dos aproveitamentos hidroeléctricos con potencia nominal non superior a 5.000 kVA nas bacías de Galicia costa.

Segundo.-Augas de Galicia someteu ó trámite de información pública, mediante resolución publicada no BOP da Coruña do 3 de xullo de 1999 e no DOG do 29 de xullo de 1999, as peticións de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no regato Xallas, xunto cos proxectos e estudio ambiental dos proxectos en competencia.

Durante o período de información pública recibíronse alegacións, as cales non afectaban as instalacións electromecánicas.

Terceiro.-A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formulou o 2 de abril de 2001 a preceptiva declaración de efectos ambientais dos proxectos dos aproveitamentos hidroeléctricos no regato Xallas, no concello de Negreira, A Coruña.

Cuarto.-O 8 de maio de 2001, o servicio competente de Augas de Galicia, de acordo co establecido no artigo 112 do regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, elaborou un informe no que establecía como aproveitamento máis viable o promovido por Hidroeléctrica del Arnoya, S.L., segundo determinadas condicións que foron aceptadas pola empresa promotora.

Quinto.-O 1 de agosto de 2001 o presidente de Augas de Galicia resolve outorgar a favor de Hidroeléctrica del Arnoya, S.L. unha concesión para derivar un caudal de ata 2.200 l/s dentro do tramo comprendido entre as cotas 162,5, correspondente ó máximo encoramento normal no punto de toma, e a cota 40, correspondente á cota de augas do álveo, en réxime de augas medias, no punto de restitución de caudais ó leito público do regato Xallas, no termo municipal de Negreira, provincia da Coruña.

Sexto.-Mediante escrito con data de entrada do 15 de outubro de 2001, Francisco Salazar Mitchel, en nome da sociedade Hidroeléctrica del Arnoya, S.L., solicitou a autorización das instalacións electromecánicas e aprobación do proxecto de exe

cución do aproveitamento hidroeléctrico no regato Xallas, xuntando a documentación establecida para efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo, xa mencionados.

Sétimo.-Con data 23 de agosto de 2002 Francisco Salazar Mitchel, en nome da devandita empresa, solicita a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da liña soterrada de conexión do aproveitamento anterior e a liña de distribución de Fenosa, presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, xa dito.

Oitavo.-A delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu o proxecto anterior ó trámite de información pública mediante Resolución do 20 de xuño de 2002, publicada no DOG de 22 de agosto de 2002, no BOP da Coruña do 27 de xullo de 2002.

Durante o período en que se someteu ó trámite de información pública non se recibiron alegacións.

Noveno.-As instalacións electromecánicas do aproveitamento hidroeléctrico do regato Xallas, segundo o seu proxecto de execución, asinado pola enxeñeira de distribuidora, Canles e Portos Nuria González González e polo enxeñeiro técnico industrial José Manuel Requejo Requejo, e visado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia, teñen as seguintes características:

-Caudal máximo derivado: 2.200 l/s.

-Caudal ecolóxico: 85 l/s.

-Cota máxima do punto de toma: 162,5 m.

-Cota na base da captación: 160 m.

-Cota do eixo da turbina: 41,5 m.

-Cota de restitución ó leito público: 40 m.

-Salto bruto: 121,5 m.

-Salto neto para o caudal de equipamento: 112,89 m.

-Unha turbina tipo Pelton de eixo vertical de 2.200 l/s, un rendemento do 0,9 e unha potencia activa de 2.065 kW.

-Un xerador síncrono de 600 r.p.m de velocidade de sincronismo, 2.300 kVA de potencia aparente, 50 Hz de frecuencia, un factor de potencia de 0,9 e unha tensión de xeración de 6 kV.

-Un transformador de 2,6 MVA e unha relación de transformación de 15-20 kV/6.000 V.

-Un transformador de servicios auxiliares de 50 kVA de potencia nominal e 15-20 kV /400 V.

-Producción media anual estimada: 4.005.264 kWh.

-Instalacións de protección, manobra, mando, sinalización, medida e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

-Orzamentos de execución por contrata sen IVE: 856.006,5 euros (142.427.500 pesetas).

Por outra parte, as características da liña de conexión, segundo o proxecto realizado polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares e visado polo colexio de enxeñeiros industriais de Galicia, son as seguintes:

-Liña de alta tensión soterrada a 20 kV, de 402 m de lonxitude, para interconexión do aproveitamento hidroeléctrico do regato de Xallas e a liña de distribución de Fenosa, composta por un circuíto cun conductor por fase tipo 1xAl de 150 mm con illamento de polietileno reticulado e ámbolos extremos postos a terra.

-A liña terá unha potencia máxima de transporte de 9.150 kVA a unha intensidade máxima admisible de 320 A.

-Reactancia en configuración de quinqunce de 118 m?/km.

-Resistencia eléctrica d.c a 20ºC de 203 m?/km.

-Resistencia eléctrica a.c a 90ºC de 265 m?/km.

-Orzamento de execución por contrata sen IVA: 21.512,54 euros.

Décimo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, de 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo, e o Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autoriza-las instalacións electromecánicas e aproba-lo proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico do regato Xallas e da liña soterrada de 20 kV de conexión do dito aproveitamento hidroeléctrico coa da liña da empresa distribuidora de

Fenosa, promovida pola empresa Hidroeléctrica del Arnoya, S.L., no termo municipal de Negreira, A Coruña.

Queda obrigada a empresa titular da instalación a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento en que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguranza e medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL