Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 26554/variante 2002).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: variante L.A.T. 132 kV A Grela-Sabón-San Marcos.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: variante da liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV A Grela-Sabón-San Marcos, en dobre circuíto, consistente en: implantar unha nova traza, como actuación previa á instalación da xeración de ciclo combinado, instalando catro novos apoios, entre os números 26 e 29, tipo metálico de celosía para dobre circuíto, de 747 m de lonxitude, con conductor Cóndor LA-455, cable de terra de aceiro galvanizado de 50 mm e cable fibra óptica OPGW64 fibras. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de novembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña