Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.907

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

DECRETO 334/2002, do 22 de novembro, polo que se dispón o cesamento de vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado do ente público Portos de Galicia; así se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo.

No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vocais, sendo todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

Producida a vacante dun dos vocais representantes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos no Consello de Administración do ente público, como consecuencia de xubilación, e vista a proposta emitida pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na súa reunión do día vintedous de novembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, agradecéndolle os servicios prestados:

En representación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos: José Louro Lojo.

Santiago de Compostela, vintedous de novembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial

Obras Públicas e Vivenda