Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.900

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO.

O director da Fundación Pública Hospital da Barbanza abre o proceso de recepción de ofertas para a contratación dos seguintes servicios:

-Contratación do servicio de xestión e mantemento integral dos aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización, equipos de comunicacións e aparellos elevadores da fundación. (Ref. CSE 008/02).

Lote I: mantemento integral dos aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización, equipos de comunicacións.

Orzamento anual estimado: 160.000 A.

Lote II: mantemento aparellos elevadores da fundación.

Orzamento anual estimado: 30.000 A.

Apertura de proposicións: ás 10 horas do día 20 de decembro de 2002 na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

-Contratación do establecemento, xestión e explotación dos servicios propios dun caixeiro automático da fundación. (Ref. CSE 009/02).

Apertura de proposicións: ás 11 horas do día 20 de decembro de 2002 na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

-Contratación da xestión e explotación do local destinado á venda de prensa, revistas, flores e outros artigos da fundación. (Ref. CSE 010/02).

Canon mínimo anual: 4.507,60 euros.

Apertura de proposicións: ás 11.30 horas do día 20 de decembro de 2002 na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

A documentación completa das condicións técnicas, económicas e contractuais pódese recoller na Fundación Pública Hospital da Barbanza, Servicio de Administración, Lugar de Salmón-Oleiros s/n, 15993 Ribeira (A Coruña) de 9 a 14 horas, e consultar na páxina www.sergas.es.

Poderán presentarse ofertas ata as 14 horas do día 17 de decembro de 2002.

Ribeira, 29 de novembro de 2002.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital

da Barbanza