Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 28 de novembro de 2002, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de prestación de servicio.

1. Entidad adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social -Inludes-.

2. Obxecto: prestación do servicio de limpeza das dependencias administrativas (oficinas, aseos, laboratorio e aulas de formación) da Granxa Provincial Gayoso Castro.

3. Orzamento: sete mil cincocentos setenta e sete (7.577 euros).

4. Duración do contrato: un ano.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na tesourería do Inludes.

6. Información: oficina de apoio.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 272, do 27 de novembro de 2002.

Lugo, 28 de novembro de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo