Proxecto: acondicionamento de accesos en Escarabote, San Ramón e Barraña.
Orzamento: 95.236,84 euros.
Aplicación orzamentaria: 511.601,06.
Prazo de execución: catro meses.
Clasificación: non se esixe.
Lugar e prazo de presentación de ofertas: no rexistro xeral do Concello de Boiro, durante o prazo de 13 días naturais contados a partir da publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 13 horas.
Garantía provisional: non se esixe.
Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
Taxas do contrato: non.
Revisión de prezos: non procede.
Control de calidade: esixible.
Criterios de ponderación de ofertas: opción B.
Apertura de propostas: terá lugar na Casa do Concello ás dez horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No suposto de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.
Modelo de proposición:
D/Dña... con domicilio en..., rúa,... nº... teléfono... con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa)..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº... e con domicilio no lugar..., teléfono...), toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de..., e para estes efectos fai constar:
1. Que ofrece o prezo de... euros, IVE incluído, que significa unha baixa de... euros, en relación co tipo de licitación.
2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas do presente contrato.
3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.
En..., o... de... de 200...
O licitador (asinado e rubricado).
Modelo de sobre:
Proposición para tomar parte na contratación das obras... presentada por...
En..., o... de... de 200...
O licitador (asinado e rubricado)
Expediente: o expediente, o proxecto e o prego de condicións atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e as horas de presentación de proposicións.
Boiro, 6 de novembro de 2002.
Jesús Alonso Fernández
Alcalde