Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PO-EN-2001/81 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselle ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución, caberá de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación. Transcorrido o devandito prazo sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para tódolos efectos, sen prexuízo, de se-lo caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo en Caixa Galicia mediante os impresos que ten á súa disposición na Delegación de Medio Ambiente en Pontevedra (r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta) nos prazos seguintes:

a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior.

b) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Pontevedra, 5 de novembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

* Expediente: PO-EN-2001/81.

Denunciado: Áridos Rías Baixas, S.L., enderezo: r/ Xunca Branca-Vilalonga-Sanxenxo (Pontevedra).

DNI: B-36115947.

Feitos denunciados: acumular entullo, pedra, terra e dous caixóns de batea na súa propiedade, dentro dos límites do espacio natural Ons-O Grove, sendo advertido da ilegalidade dos feitos e requirido para a retirada das verteduras, o dito requirimento non foi atendido.

Feitos denunciados no espacio natural Ons-O Grove no lugar de Mexilloeira, no termo municipal do Grove.

Data do acordo da incoación: 29-4-2002.

Data do acordo da proposta: 15-7-2002.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación co Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura do espacio natural en réxime de protección xeral e coa Orde do 7 de xuño do 2001 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: multa de 300 euros e restauración do medio natural ó ser e estado previos ós feitos denunciados no prazo de 15 días, xa que de non facelo nese prazo se lle impoñerán multas coercitivas dunha contía de 60 euros reiteradas cada mes, ata o total cumprimento do ordenado.

* Expediente: PO-EN-2001/82.

Denunciado: Áridos Rías Baixas, S.L., enderezo: r/ Xunca Branca-Vilalonga-Sanxenxo (Pontevedra).

DNI: B-36115947.

Feitos denunciados: acumular pedras e terra así como un flotador de madeira dunha batea nun predio da súa propiedade, dentro dos límites do espacio natural Ons-O Grove.

Feitos denunciados no espacio natural Ons-O Grove no lugar de Mexilloeira, no termo municipal do Grove.

Data do acordo da incoación: 29-4-2002.

Data do acordo da proposta: 15-7-2002.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación co Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura do espacio natural en réxime de protección xeral e coa Orde do 7 de xuño do 2001 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.