Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2002, da Delegación Provincial Lugo, da notificación da iniciación do expediente sancionador de caza C-39/2002, devolto polo servicio de correos.

De conformidade có disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a seguir, a iniciación do correspondente expediente sancionador por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, (DOG do 11 de xullo).

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo delegado provincial de Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, DOG do 6 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 16 de outubro de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente.: C-39/2002.

Denunciado.: Manuel Moreira Rodríguez.

DNI: 76318407.

Enderezo: praza Almirante Romay, nº 5-1º esq. A Coruña.

Feitos imputados: non levar consigo durante o exercicio da caza a documentación preceptiva (documento identificativo da súa identidade), aínda sendo titular dela. Feitos constatados o día 8-9-2002, ás 10 h no TECOR LU-10.229 Ribas de Sil. Ribas de Sil. Lugo.

Precepto infrinxido.: 57.4º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 60,10 euros.