Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación da subministración de tres servidores para os servicios centrais do Servicio Galego de Colocación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 12/2002

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contrato de subministración para a adquisición de tres servidores segundo especifica o prego de prescricións técnicas.

b) División por lotes e números: lote único.

c) Boletín e diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 12 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 180.000 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 14 de maio de 2002.

b) Contratista: Qed Systems, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 180.000 euros.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2002.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude