Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: pza. de Constitución 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T.S, C.T.C. mercado de Cee.
Situación: Cee.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV de 126 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parte da L.M.T.S. entre os centros de transformación de Cee IV e Rúa da Escola, con entrada e saída no C.T. prefabricado de 630 kVA, denominado mercado de Cee. Concello de Cee.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 5 de novembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña