Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. Ferreiros.
Situación: Irixoa.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea a 15/20 kV, de 785 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. 706 de subestación do Pedrido, no apoio de derivación a C.T. Lousada e final no C.T. aéreo de Ferreiros de 50 kVA e axustamento á baixa tensión. Concello de Irixoa.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 5 de novembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña