Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2002, de Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/195).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. A Torre e derivada C.T. Silvaescura.

Situación: Vedra.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 210 m de lonxitude, con orixe no C.T. Nande e final no apoio nº 13/1600.

Liñas eléctricas aéreas núas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56:

-De 1.075 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 13/1600 da liña anterior e final no C.T. A Torre-O Matelo, que se instalará.

-De 630 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 8 da liña C.T. A Torre-O Matelo e final no C.T. Silvaescura, que se instalará.

Centros de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, na Torre-O Matelo e Silvaescura.

Redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 610 m desde o C.T. A Torre-O Matelo, de 280 m desde o C.T. Silvaescura que se conectan a redes existentes. No termo municipal de Vedra.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súa partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 29 de outubro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña