O convenio colectivo do persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela, na súa disposición adicional quinta establece que a xerencia e o comité de empresa negociará un acordo de promoción que afectará a aqueles traballadores fixos que no momento da sinatura do convenio pertenzan, entre outras, á categoría de especialista de oficios imprenta (manipulado, laboratorio).
Asinado o acordo que desenvolve a disposición adicional quinta do convenio, con data do 8 de febreiro de 2002, e coa finalidade de dar cumprimento ó disposto nel,
O rector, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro de universidades, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar proceso selectivo para o acceso á categoría de técnico de imprenta, con suxeición ás seguintes:
Bases da convocatoria
1. Normas xerais.
1.1. Convócase proceso selectivo para cubrir con persoal laboral fixo 7 prazas de técnico de imprenta, grupo III, do convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 29 de abril de 2002), pola quenda de promoción interna.
1.2. O sistema de selección dos aspirantes será o de oposición e constará da probas que se indican no anexo I.
1.3. En atención ás peculiaridades deste proceso de promoción interna, motivado pola creación e extinción de categorías, a ocupación das prazas ofertadas nesta convocatoria levará aparellada a amortización delas na categoría de orixe, quedando o persoal que supere o proceso selectivo destinado nos mesmos postos que veñen ocupando, vinculados xa á nova categoría.
1.4. Estas probas selectivas axustaranse ó disposto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado, ó Decreto 95/1991, do 20 de marzo, ós estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 473/1997, da Xunta de Galicia, do 28 de novembro, ó convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.
2. Requisitos dos aspirantes.
2.1. Para seren admitidos, os aspirantes deberán posuí-los seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato:
a) Te-la condición de persoal laboral fixo, categoría de especialista de oficios imprenta (manipulado, laboratorio), e estar destinado na Universidade de Santiago de Compostela.
b) Teren unha antigüidade efectiva de, polo menos, seis meses desde a adquisición da categoría de procedencia.
c) Ter realizado o curso de promoción para técnico de imprenta, coas condicións establecidas na convocatoria do curso.
3. Solicitudes.
3.1. Quen desexe tomar parte nestas probas selectivas deberá solicitalo ó rector da Universidade de
Santiago de Compostela en instancia segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
3.2. A instancia presentarase acompañada de fotocopia do DNI.
3.3. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, situado no Rectorado da Universidade (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela), no Rexistro do Campus de Lugo, situado no edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros (avda. de Bernardino Pardo Ouro s/n. Polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
3.4. Os dereitos de exame serán de 18,03 A, que se ingresarán na conta de Caixa Galicia «Oposicións» número: 2091-0388-90-3110000646. Para realiza-lo ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo III.
En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.
3.5. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ós aspirantes que sexan excluídos definitivamente destas probas selectivas e para tal efecto o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer consta-la entidade bancaria e o número de conta no recadro que para tal efecto figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame.
4. Admisión de aspirantes.
4.1. Rematado o prazo de admisión de solicitudes o rector da Universidade de Santiago de Compostela dictará resolución, no prazo dun mes, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos, na que constará o nome e apelidos dos excluidos, o número de DNI, así como as causas de exclusión e o prazo para reparalas. Esta resolución publicarase nos taboleiros de anuncios do Rectorado, do edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo e na web http://www.ti.usc.es/webpas/.
Para emenda-los defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión das devanditas relacións, os aspirantes disporán dun prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación da citada resolución. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non reparasen a exclusión ou omisión, xustificando o dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas.
A resolución que aproba a lista definitiva, publicada no Rectorado, no edificio de Servicios Admi
nistrativos e Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo e na web, esgotará a vía administrativa, podendo interpor contra ela recurso perante a xurisdicción contencioso administrativa, no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición diante do rector no prazo dun mes de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
5. Tribunal cualificador.
5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo II a esta convocatoria e terá a categoría segunda das recollidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servicio.
O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se atoparen incursos nas circunstancias previstas nos devanditos artigos.
Así mesmo os/as aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.
5.3. A partir da súa constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.
5.4. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previstos.
5.5. O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación destes asesores deberá comunicárselle ó rector da universidade. O nomeamento dos asesores farase público, e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación igual que ós membros do tribunal.
5.6. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen
de similares condicións para a realización das probas co resto dos participantes. Neste sentido, establecerase para as persoas con minusvalidez que o soliciten as adaptacións posibles en tempo e medios para a súa realización.
5.7. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes que o das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.
5.8. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.
6. Desenvolvemento dos exercicios.
6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «S», de conformidade co establecido na Resolución do 27 de febreiro de 2002, da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para que acrediten a súa identidade.
6.3. Os aspirantes serán convocados para cada proba nun só chamamento, e serán excluídos das probas aqueles que non comparezan, salvo nos casos de forza maior, debidamente xustificados, e libremente apreciados polo tribunal.
6.4. O tribunal será o encargado de publica-lo lugar, data e hora de celebración das probas. Esta publicación efectuarase nos taboleiros indicados na base 4.
6.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración de probas efectuarase nos locais onde se fixera o primeiro deles así como no rectorado da universidade, ou por calquera outro medio que se estimen conveniente para asegura-la súa máxima divulgación, cunha antelación de polo menos vintecatro horas á sinalada para a súa iniciación.
6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos/as aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Santiago, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo/a aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.
7. Lista de aprobados.
7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública a relación dos aspirantes seleccionados en cada un deles, coa indicación da cualificación obtida.
7.2. O tribunal fará pública a lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. A devandita relación, que será elevada polo tribunal ó rector da universidade xunto coa proposta de contratación a favor dos aspi
rantes que figuren nela, será publicada no taboleiro de anuncios do rectorado.
8. Presentación de documentos.
8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel no que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados no rectorado da universidade, os/as aspirantes que figuren nelas deberán presentar no Servicio de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 de Santiago de Compostela) a documentación necesaria, que non se atope suficientemente acreditada no seu expediente.
8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.
8.3. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeado na nova categoría e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.
9. Disposición derradeira.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso administrativa, aprobada por Lei 29/1998 de 13 de xullo.
Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2002.
P.D. (Resolución 6-11-2002)
Cástor Méndez Paz
Vicerrector de Organización Académica e
Profesorado
ANEXO I
Denominacion das prazas: técnico de imprenta.
1. O sistema de selección será o de oposición. Constará de dúas probas:
Primeira: en base á formación recibida, os aspirantes elaborarán un traballo, no que procederán a análise das funcións da categoría.
Segunda: consistirá nunha entrevista persoal. O tribunal formulará preguntas ós aspirantes sobre os contidos do traballo elaborado, por un tempo máximo de quince minutos.
A valoración será de apto ou non apto, de acordo cos criterios que para tal efecto estableza o tribunal. Para aprobar será necesario obter a cualificación de apto en cada unha das probas.
ANEXO II
Denominación das prazas: técnico de imprenta.
Tribunal titular.
Presidente: José Piñeiro Mourelle, laboral do grupo III da Universidade de Santiago de Compostela.
Vocais:
Representantes da universidade:
-Mª Isabel Argüelles García, laboral do grupo III da Universidade de Santiago de Compostela.
-José Manuel García García, funcionario de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela.
Representantes do comité de empresa.
-Aurelio Barreiro González, laboral do grupo IV da Universidade de Santiago de Compostela.
-Manuel Buján Gómez, laboral do grupo IV da Universidade de Santiago de Compostela.
Secretaria: Luisa Ferreiro Couselo, funcionaria de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela.
Tribunal suplente.
Presidente: Manuel Pombo Garazo, laboral do grupo III da Universidade de Santiago de Compostela.
Vocais:
Representantes da universidade:
-Francisco Pena González, laboral do grupo III da Universidade de Santiago de Compostela.
-Amalia Díaz Sánchez, funcionaria de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela.
Representantes do comité de empresa.
-Mª Xesús González Torre, laboral do grupo IV da Universidade de Santiago de Compostela.
-Mª Isabel García del Río, laboral do grupo IV da Universidade de Santiago de Compostela.
Secretario: Vicente Mirazo Angueira, funcionario de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela.