Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.844

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ANUNCIO.

De conformidade co previsto na base 3.5 do acordo de 15 de outubro de 2002, polo que se convoca proceso selectivo para a cobertura por persoal laboral fixo dun posto de traballo de técnico de xestión contable do cadro de persoal da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), encadrado no grupo 7 da clasificación de persoal recollida no artigo 31 do convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas, publicado por Resolución do 6 de maio de 2002 (DOG nº 94, do 16 de maio), ó que se adheriu esta fundación segundo se acredita na Resolución do 7 de agosto de 2002 (DOG nº 188, do 30 de setembro), anúnciase que a primeira proba eliminatoria do dito proceso se celebrará o vindeiro día 17 de decembro de 2002 ás 16 horas na sala de informática sita na planta 2ª do edificio administrativo da Consellería de Sanidade e mailo Sergas en San Lázaro, Santiago de Compostela.

Os aspirantes haberán de acudir provistos do documento nacional de identidade e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único polo que quedarán excluídos do proceso os aspirantes que non comparezan.

A proba será idéntica para tódolos aspirantes, e consistirá nun exercicio tipo-test de carácter teórico-práctico sobre un cuestionario de 25 preguntas con catro respostas alternativas que se lles facilitará ós aspirantes e que se realizará nun ordenador persoal conforme as instruccións que antes de inicia-lo exercicio comunique verbalmente a comisión de selección.

Os contidos do exercicio serán os que se estableceron no acordo do 15 de outubro de 2002.

A proba será cualificada de 0 a 50 puntos, e o tempo máximo de que dispoñen os aspirantes para a súa execución será limitado e comunicado ó comezo da proba pola comisión de selección. As contestacións erróneas serán valoradas negativamente a razón dun quinto da puntuación asignada ás respostas correctas. Todos aqueles aspirantes que non acaden a puntuación mínima que estableza a comisión de selección para supera-la proba, serán cualificados directamente como non apto.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2002.

Juan Carlos Copa Yáñez

Presidente da comisión de selección