Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de material destinado á implantación do ciclo formativo de grao superior da sección de artes gráficas no Colexio Calvo Sotelo. (Expediente 02/9812 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de material destinado á implatanción do ciclo formativo de grao superior da sección de artes gráficas no Colexio Calvo Sotelo.

Lugar de entrega e instalación: Colexio Calvo Sotelo.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 328.031,80 euros, desagregado en 21 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 22 de novembro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario accidental da Deputación Provincial da Coruña