Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de novembro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona proposta de liquidación contida en actas de desconformidade número 36/2002/00305-0269, 36/2002/00308-0270 e informe ampliatorio pendente de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (José Manuel López Pérez e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, faise pública proposta de liquidación contida en acta de desconformidade números 36/2002/00305-0269, 36/2002/00308-0270 e informe ampliatorio pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 56 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante a secretaría desta delegación, con domicilio na rúa Michelena, 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 26 de novembro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

López Pérez, José Manuel

DNI: 12138051-P

R/ Ronda, 17, Fuensaldaña

Valladolid

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Acta nº: 36/2002/00305-0269

Nº protocolo: 599

Período: 1999

López Pérez, José Manuel

DNI: 12138051-P

R/ Ronda, 17, Fuensaldaña

Valladolid

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Acta nº: 36/2002/00308-0270

Nº protocolo: 996

Período: 1999