Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/387-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Redonde-Alleira.

Situación: concello de Campo Lameiro.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 566 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde o apoio nº 30 da L.M.T. Campo Lameiro-Fraga Alleira, ata o C.T. que se proxecta en Redonde-Alleira. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 435 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. Redonde-Alleira. Toda a instalación está situada no concello de Campo Lameiro.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presentan alegacións os propietarios dos seguintes predios:

Predio 4. Alega que non coñece o trazado da liña e, en concreto, ó seu paso polo predio, presentando plano dela para que se lle sitúe. Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica, esta contesta que durante o período da información pública o proxecto pode ser consultado tanto na Delegación de Industria coma nas oficinas da empresa; acláraselle a afección e xúntase plano indicando o trazado. Trasladado o escrito ó alegante, este non contesta no prazo establecido para iso.

Predio 18. Alega que se lle faga unha revisión do trazado ou que se lle valore adecuadamente. Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta contesta que o trazado elixido é o máis viable tecnicamente. Trasladado o escrito ó alegante, este non contesta no prazo establecido para iso.

Predios 20 e 20B. Oponse ó trazado alegando que existía un anterior que, aínda que pasaba polos seus predios, lle afectaba menos e que neles quere construír unha vivienda; por todo iso solicita a modificación do trazado. Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta contesta que o trazado elixido é o máis viable tecnicamente e que a liña non impide a construcción no terreo sempre que se garden as distancias de seguridade e sexa autorizada pola Administración. Trasladado o escrito ó alegante, este non contesta no prazo establecido para iso.

Predio 23. Alega que como o predio linda con camiños e monte comunal varíen o trazado para que non a cruce, baseándose no artigo 2 do R.D. 1955/2000. Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta contesta que se pretendeu levala por un camiño pero que existía unha prohibición, de acordo co artigo 161 do R.D. 1955/2000, e que a variación para non pasar polo seu predio afectaría a novos propietarios e incorrería en prohibicións e superaría o 10% permitido da variación. Trasladado o escrito ó alegante, este contesta que o artigo 161 do R.D. 1955/2000 impide sobrevoar predios fechados e con vivenda, pero non impide pasa-la liña por camiño cercano a esa vivenda e que non pode afirmar que a modificación superaría o 10% da variación posto que non o comprobaron.

Predio 29. Oponse ó paso polo seu predio e suxire que o leven por camiño público. Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta contesta que a instalación é necesaria para mellora-la calidade da subministración, que con este trazado se chegou a acordo cunha maioría de afectados e que non é posible levala por camiño público por existir prohibicións de predio cerrado con vivenda. Trasladado o escrito ó alegante, este ratifícase no seu escrito anterior e, ademais, propón o trazado subterráneo por camiño e monte comunal.

Predio 33. O propietario, aínda que non figura na relación de afectados, alega que o transformador da instalación proxectada está a escasos metros da súa vivenda, o que pode contribuír ó desenvolvemento de certas enfermidades, polo que solicita que se coloque nun lugar máis distante. Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta contesta que a vivenda se encontra a máis de 8 metros do transformador, que o trazado elixido é o máis viable tecnicamente e que, de acordo co Ministerio de Sanidade e Consumo, non está demostrado que a exposición a campos magnéticos ocasione efectos adversos para a saúde. Trasladado o escrito ó alegante, este non contesta no prazo establecido para iso.

Considerando que ó propietario do predio nº 4 se lle enviou plano do parcelario xunto coa afección que lle corresponde, de acordo coa petición de que se lle aclarase o paso da liña, sen que faga ulteriores alegacións de desacordo.

Considerante que, no predio nº 18, nas alegacións non se menciona alternativa ningunha e que tampouco está de acordo coa valoración e que neste último caso será o xurado de expropiación quen a decida.

Considerando que a afección prevista, aínda que afecta os predios 20 e 20B, dada a extensión deste non impedirá a construcción dunha vivenda nel malia as limitacións que establece o R.D. 1955/2000 no seu artigo 162, e que a depreciación correspondente será o xurado de expropiación quen a designe.

Considerando respecto ás alegacións do predio nº 23 que o paso dunha liña por un camiño público non significa que os predios laterais non se vexan

afectados pola servidume, dadas as distancias de seguridade que esixe o Decreto 3151/1968, que ó seguir este camiño dado que non é recto, esixiría realizar varios ángulos, o que non aconsella o artigo 4 do mesmo decreto, que non hai disposición que obrigue as compañías eléctricas a enterra-las súas liñas, salvo que as da Administración local o fixeran, cousa que non consta que fora alegada, e que a posibilidade de levala por monte comunal esixiría non só o cambio de trazado, senón a afección de novos propietarios.

Considerando, respecto ás alegacións do predio 29 que o paso dunha liña por un camiño público non significa que os predios laterais non se vexan afectados pola servidume, dadas as distancias de seguridade que esixe o Decreto 3151/1968, que non hai disposición que obrigue as compañías eléctricas a enterra-las súas liñas, salvo que as da Administración local o fixesen, cousa que non consta que fose alegada, e que a posibilidade de levala polo monte comunal esixiría non só o cambio de trazado senón a afección de novos propietarios.

Considerando que o alegante do predio 33 non é afectado, por canto a instalación se mantén a distancias superiores ás que marca o Decreto 3151/1968 de seguridade, e non se puido demostrar tampouco os efectos prexudiciais para a saúde dos campos electromagnéticos en frecuencias industriais.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos II e V do R.D. 1955/2000, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita os bens afectados, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do R.D. 1955/2000, será de vintecatro meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Pontevedra, 31 de outubro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO