Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.757

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de novembro de 2002 pola que se procede á convocatoria para o ano 2003 das axudas para o fomento da innovación empresarial e prestación de servicio no sector da minería na Comunidade Autónoma galega, en réxime de concorrencia competitiva, de acordo coas bases reguladoras establecidas no anexo I da Orde do 11 de marzo de 2002 (publicada no Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo).

Advertido erro na orde arriba epigrafada, publicada no DOG nº 225, do 21-11-2002, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Na páxina 16.245, artigo 2º da orde.-Créditos orzamentarios e contía máxima das axudas, onde di: «563.000 euros para a anualidade 2005», debe dicir: «675.143,80 euros para a anualidade 2005».

No cadro de aplicacións orzamentarias, no recadro do total do ano 2005, onde di: «563.000 euros», debe dicir: «675.143,80 euros».