Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Muros.

2. Obxecto do contrato: itinerario costeiro Muros-Louro, 2ª fase.

3. Lugar e prazo de execución: A Cova (Muros); cinco meses.

4. Tramitación urxente. Procedemento aberto mediante poxa.

5. Orzamento de licitación: 94.644,98 A.

6. Garantía provisional: 1.892,90 A.

7. Información e lugar de presentación da oferta: Concello de Muros, Curro da Praza nº 1, 15250 Muros (A Coruña). Teléfono: 981 82 60 50. Fax: 981 76 22 57.

8. Non se esixe clasificación.

9. Data límite da presentación de ofertas: décimo terceiro día natural seguinte á publicación deste anuncio no BOP da Coruña. Documentación da oferta: cláusula 12ª do prego de condicións.

10. Prazo de mantemento da oferta: 1 mes desde que se abra.

11. Apertura de ofertas: quinto día natural seguinte á finalización do prazo de presentación, ás 13 horas, na casa do concello.

12. Gasto de anuncios: por conta do adxudicatario.

Muros, 4 de novembro de 2002.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde