Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

Aprobado inicialmente na sesión do Pleno da Corporación do 18 de novembro de 2002 o proxecto de urbanización do primeiro tramo da rúa entre avda. San Rosendo e estrada de Mourillós (rúa do Cercado), redactado polo enxeñeiro de Camiños Manuel Durán Fuentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG, podendo ser examinada a documentación durante o devandito período e formula-las alegacións e reclamacións que se estimen pertinentes.

O anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas para tódolos propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultar descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non puideron ser notificados persoalmente.

Celanova, 19 de novembro de 2002.

O alcalde

Rubricado