Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 23 de outubro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Rape, As Culcas e outros, pertencentes á parroquia de Atios do concello do Porriño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 27 de maio de 1998, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: O Porriño.

Parroquia : Atios.

Nome do monte: Rape.

Cabida: 38.000 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte e sur: predios particulares.

Leste e oeste: predios particulares e camiño.

Ocupacións: ocupada practicamente na súa totalidade por canteira.

Descrición: o resto non aberto pola canteira poboado por pinus pinaster, acacia ssp. E eucalyptus globulus.

Nome do monte: As Culcas.

Cabida: 2.075 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte, sur e oeste: predios particulares.

Leste: camiño e predios particulares.

Descrición: amolloado pola comunidade con pedra de cantería. Case despoboado por presentar afloramentos rochosos; presenta unicamente algúns pés de piñeiro illados.

Nome do monte: Roxo.

Cabida: 68.000 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte, sur e oeste: predios particulares.

Leste: pista e predios particulares.

Servidumes: paso de liña eléctrica.

Ocupacións: cercado sen construcción, vivenda, esplanación para festas asfaltada, caseta almacén, colexio e pavillón deportivo de recente construcción, non recollido en cartografía. Estas ocupacións utilizan a práctica totalidade da superficie da parcela, aparecendo o resto poboado de piñeiro.

Nome do monte: Torreiro da Guía.

Cabida: 5.000 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte, sur, leste e oeste: camiño.

Ocupacións: área recreativa, centro cultural de Atios, pistas deportivas. Bordeado por muro de pedra.

Nome do monte: Baldío da Guía.

Cabida: 970 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte, leste e oeste: predios particulares.

Sur: camiño.

Ocupacións: incluída en edificación estremeira.

Nome do monte: Torreiro de Vilafría.

Cabida: 14.000 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte e oeste: camiño.

Leste e sur: camiño e predios particulares.

Servidumes: atravesada por liñas de alta tensión.

Ocupacións: instalacións recreativas e deportivas, palco de música.

Descrición: unha pequena parte da súa superficie foi xa clasificada a favor desta mesma comunidade.

Nome do monte: Baldío de Vilafría.

Cabida: 5.277 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte e leste: camiños.

Sur: predio particular e camiño.

Oeste: predios particulares.

Servidumes: atravesada por camiños de servicio e tendido eléctrico.

Descrición: pouco poboado con piñeiros e carballos illados nas proximidades dun regato.

Nome do monte: Costa.

Cabida: 921 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte e leste: predios particulares.

Sur e oeste: camiño.

Ocupacións: Canteira abandonada, que ocupa practicamente toda a superficie.

Descrición: resto poboado con piñeiros illados.

Nome do monte: Pereiro.

Cabida: 178.000 m (superficie alegada na solicitude). Deles 140.000 m localízanse na parroquia de Atios, o resto da súa superficie sitúase fóra do límite parroquial.

Lindes:

Norte: límite parroquial con Torneiros.

Leste: camiño.

Sur: predios particulares.

Oeste: límite parroquial con Pontellas.

Servidumes: camiño asfaltado.

Ocupacións: vertedoiro, instalacións deportivas e aparcamento, vivendas, chabolas e esplanación.

Descrición: de forma dispersa, grupos de piñeiros illados.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 23 de outubro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra