Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 7 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador S-C-03/02, do 7 de outubro de 2002, por infracción grave en materia de patrimonio cultural.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 12, do 14-1-1999), notifícaselle á sociedade promotora das obras realizadas no Concello da Coruña, na rúa do Mercado, nº 6, 8 e 10, que de seguido se relaciona, o acordo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, polo que se incoa expediente sancionador en materia de patrimonio cultural número S-C-03/02, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Advírteselle á sociedade promotora que, de conformidade co artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, no caso de non efectuar alegacións no prazo de quince (15) días, e tendo en conta que o mencionado acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: S-C-03/02.

Denunciado: Cervepark, S.L.

Domicilio social: rúa Menéndez Pelayo nº 4-6, 2º B.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 91 alínea h) da Lei 8/1995.

Data da incoación: 7 de outubro de 2002.

Sanción: multa desde 60.101,22 A ata 150.253,02 A (artigo 95.2º da Lei 8/1995).

A Coruña, 7 de novembro de 2002.

P.A.

José Antonio Gómez García

Secretario provincial da Coruña