Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/129-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Velle-A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Lama de Paio e Castrelo.

Situación: Rairiz de Veiga.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 762 m derivada desde a L.M.T. ó C.T. Gándara e con remate no C.T. proxectado en Castrelo, tipo intemperie, con 50 kVA, R/T, 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión derivadas do C.T. proxectado en Castrelo e do C.T. existente en Lama de Paio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de outubro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense