Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.720

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN erros.-Orde do 14 de novembro de 2002 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (acceso libre).

Advertidos erros na orde antes referenciada publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 224, do 20 de novembro de 2002, procede efectua-la seguinte rectificación:

No anexo I, Tribunal A, Vocais, onde di: «Onofre Contreras Jodar ...», debe dicir: «Onofre Contreras Jordán ...».