Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.702

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Bajamar Séptima, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Bajamar Séptima, S.A. (código convenio 1503182), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 31-10-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 15-10-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de novembro de 2002.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo Bajamar Séptima, S.A.

Ano 2002

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio terá aplicación no centro de traballo de Bajamar Séptima, S.A., sito no polígono industrial de Sabón, parcela 13, de Arteixo, A Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará a totalidade do persoal existente no momento da súa sinatura en Bajamar Séptima, S.A., así como o que se incorpore posteriormente ós respectivos cadros de persoal.

Artigo 3º.-Vixencia.

Este convenio estará en vigor desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro do mesmo ano. Cando non se produza denuncia dalgunha das partes, este convenio entenderase prorrogado de ano en ano en tódalas súas cláusulas. A denuncia realizarase cunha antelación de dous meses ó remate de vixencia, comunicándollelo á outra parte e á autoridade laboral

competente. Producida a denuncia, manterase en vigor todo o articulado do convenio ata nova sinatura.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O conxunto das condicións pactadas neste convenio absorberá e compensará aquelas melloras que puideran establecerse polas disposicións legais vixentes en cada momento.

Tódalas condicións económicas establecidas neste convenio teñen o carácter de mínimas e son as que figuran nas táboas salariais anexas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas acordadas en contrato individual entre empresa e traballador, vixente á entrada en vigor do convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: cinco membros repartidos proporcionalmente á representatividade obtida por cada sindicato nas eleccións sindicais.

Parte empresarial: cinco membros que designará a empresa.

Cando a comisión paritaria non chegue a acordo na interpretación ou aplicación do convenio, someterase á xurisdicción laboral competente.

Artigo 6º.-Grupo de clasificación.

O persoal ó servicio da empresa incluído no ámbito de aplicación deste convenio queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais:

1. Persoal técnico: clasifícanse neste grupo os que realicen traballos que esixan, con titulación ou sen ela, unha adecuada competencia práctica, exercendo funcións de tipo facultativo, técnico ou dirección especializada.

O dito grupo clasificarase, pola súa vez, nos seguintes subgrupos:

1.1. Técnico con título medio.

1.2. Técnico con título non superior.

1.3. Técnicos non titulados.

2. Administrativos e persoal de mantemento: neste concepto quedan comprendidos os que realicen traballos de mecánica administrativa, contable e outros análogos non comprendidos no grupo anterior, así como o persoal que se dedique a funcións de mantemento. Clasificarase, pola súa vez, en oficial de primeira, oficial de segunda e auxiliar.

3. Obreiros e actividades auxiliares: inclúe este grupo o persoal que execute fundamentalmente traballo de índole material ou mecánico, e engloba o persoal de fabricación, cámaras e oficios varios, así como o persoal subalterno. Este, pola súa vez, clasifícase en oficial de primeira, oficial de segunda e auxiliar.

Artigo 7º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na previsión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, os traballadores/as que no instante de iniciarse a selección conten con contratos a tempo parcial; en segundo lugar os que estivesen relacionados coa empresa, e en terceiro lugar as peticións dos fillos ou fillas dos traballadores/as en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas; concederáselle-lo emprego, en todo caso, se superan as probas de aptitude que corresponda. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións e o seu saber non sexan inferiores ó doutros candidatos.

A empresa está obrigada a informa-lo comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, daráselle difusión no taboleiro de anuncios.

Artigo 8º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal que por razóns de idade ou doutra índole se ve reducido na súa capacidade física ou intelectual en tarefas que se adapten ás súas condicións reais, no caso de que existan as ditas tarefas. Igual criterio se seguirá con quen se encontre na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión.

Artigo 9º.-Persoal a tempo completo.

A empresa comprométese a manter un cadro de persoal a tempo completo de 26 traballadores/as. Tanto as novas contratacións que se produzan a tempo completo, como a conversión dos contratos a tempo parcial a contratos a tempo completo, entenderanse efectuadas a réxime da flexibilidade horaria (horario flexible y distribución irregular da xornada), sen prexuízo de respecta-los dereitos adquiridos a título individual. As incorporacións de novo persoal a tempo completo realizaranse entre os traballadores/as a tempo parcial existentes na empresa, respectando as seguintes preferencias: en primeiro lugar incorporaranse a tempo completo os/as traballadores/as de tempo parcial que superen os 50 anos, e dentro deste grupo respectarase a maior antigüidade. Se non existisen traballadores maiores de 50 anos, respectarase a maior antigüidade para acceder a postos de traballo a tempo completo. Os/as traballadores/as a tempo parcial que accedan a xornada completa con flexibilidade horaria seguirán

percibindo o complemento de dispoñibilidade mensual, mentres que se manteña o mesmo réxime de xornada.

Artigo 10º.-Xornada e horario de traballo.

Non se considerará como traballo efectivo o tempo de descanso que se concede dentro da xornada continuada, sen prexuízo do disposto nos artigos 22º e 30º deste convenio.

A xornada anual será de 1.736 horas de traballo efectivo, distribuída de luns a venres en quendas de mañá, tarde e noite repartidas do seguinte xeito:

Producción, servicios auxiliares e administración de servicios:

Mañá: 6 ás 14 horas.

Tarde: 14 ás 22 horas.

Noite: 22 ás 6 horas.

Administración inverno.

-Grupo A.

Maña: 8 ás 14 horas.

Tarde: 15 ás 17.10 horas.

-Grupo B.

Mañá: 8 ás 14 horas.

Tarde: 16 ás 18.10 horas.

Administración verán (15 de xuño a 15 de setembro incluídos).

-Grupo A e B.

Xornada única das 8 ás 14.30 horas.

Trimestralmente comunicaráselle ó comité o número de quendas realizadas por cada traballador para o seu control. A empresa poñerá os medios necesarios para que ó remata-lo ano o número de xornadas de noite, tarde e mañá sexa igual para tódolos traballadores/as non voluntarios á quenda de noite. O traballo dos sábados farase con persoal con contratos nos que así se especifique, ou con persoal voluntario.

O tempo de bocadillo que actualmente se vén desfrutando será realizado entre a 3ª e a 5ª hora do comezo da xornada.

Os venres a xornada será das 8 ás 15 horas. A recuperación da dita xornada realizarase a razón de 15 minutos diarios de luns a xoves.

Horario de novas contratacións.

Persoal de administración. Ante circunstancias novas de contratación, estas axustaranse ós horarios que individualmente se acorden en cada contrato. A xornada máxima, así como os descansos semanais e diarios serán os establecidos no convenio colectivo. Horario de verán administrativos e técnicos, do 15 de xuño ó 15 de setembro: mañá das 8 ás 14.30 horas.

Artigo 11º.-Vacacións.

As vacacións adaptaranse á xornada anual máxima de 1.736 horas e serán pactadas entre o comité e a empresa.

Dada a natureza do seu traballo, o persoal de mantemento desfrutará as súas vacacións en períodos diferentes ós recollidos no calendario anual do resto do cadro de persoal, que coincide coa máxima acti

vidade para eles. Para tal efecto pactarase un sistema de quendas que permita atende-las necesidades da empresa e o desfrute das súas vacacións en períodos o máis parecidos posible ós demais traballadores.

Cando se produza por parte do traballador unha enfermidade ou accidente, durante ou antes do período das vacacións, estas interromperanse para desfrutalas nun período posterior.

Persoal administración.

Cando, por necesidades excepcionais e circunstanciais, algún traballador/ora vise modificado o comezo do seu período de vacacións (previamente establecido no calendario de vacacións), e sempre que se lle comunique cunha antelación mínima de dous meses, percibirá en concepto de bolsa de vacacións a cantidade de 120,20 A.

No suposto de que tal modificación sexa comunicada cun intervalo menor a dous meses, a cantidade que se vai percibir será de 180,30 A. Igual cantidade aboarase no caso de que, comezado o período de vacacións (só por causas de auténtica necesidade), este tivese que ser interrompido. Así mesmo, aboaranse os gastos xustificables que lle puidesen ocasionar. Unha vez rematada a causa que deu motivo a algunha das circunstancias referidas procederase, segundo sexa, ó comezo das vacacións ou a continua-lo desfrute do período restante, en todo caso sempre dentro do ano que corre. Será sempre o traballador/a quen elixa o novo período de desfrute de vacacións. As cantidades sinaladas serán aboadas nun só pagamento e coincidente coa nómina correspondente ó mes no que se produciu a situación de desfrute irregular de vacacións.

Artigo 12º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se vai realizar, de acordo coa seguinte escala:

-Técnicos titulados sen contrato en prácticas: seis meses.

-Resto de persoal e técnicos titulados con contrato en prácticas:

* Contrato de ata seis meses: 15 días de proba.

* Contrato de máis de seis meses: 1 mes de proba.

Artigo 13º.-Licencias non retribuídas.

O persoal afectado por este convenio terá dereito a 10 días de permiso non retribuído ó ano para asuntos propios debidamente xustificados; poderase fraccionar en dous períodos, e o tempo mínimo que se collerá será de 5 días. O traballador /a avisará cun prazo mínimo de 7 días naturais salvo causas de forza maior.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

O traballador/a, logo de aviso e xustificándoo adecuadamente, terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos seguintes casos:

a) Matrimonio: quince días.

b) Cinco días naturais no caso de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe e de familiares de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade.

Tres días no caso de enfermidade grave ou falecemento de familiares de 2º grao de consanguinidade ou afinidade.

Dous días no caso de falecemento de familiares de 3º grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando, polos motivos antes citados, o traballador/a necesite facer un desprazamento para tal efecto, o prazo incrementarase en dous días.

c) Un día por traslado de domicilio.

d) Un día por intervención cirúrxica sen internamento, ou recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

f) Polo tempo indispensable para acudi-lo traballador/a a probas ou consultas médicas nos centros sanitarios da Seguridade Social, sempre que se acredite fidedignamente, e se teña notificado con anterioridade á empresa.

Concédense os mesmos dereitos á compañeira/o que á esposa/o, tanto no caso de parto como de enfermidade.

Tódolos días indicados anteriormente considéranse naturais.

Artigo 15º.-Vestiario.

A utilización da roupa de traballo deberá ser de uso exclusivo para traballar en Bajamar Séptima, S.A. Todo o persoal da empresa, dependendo da tarefa que teña que realizar, recibirá o seguinte vestiario:

Cantidade Roupa Cambio

Operarias

2Pares de zocosPor reposición
2Calzóns frío mullerAnual
2Camisetas de fríoAnual
2CasacasAnual
2PantalónsAnual
4Pares de calcetínsAnual

Encargadas
2Pares de zocosPor reposición
2Calzóns frío mullerAnual
2Camisetas de fríoAnual
2BatasAnual
2PantalónsAnual
4Pares de calcetínsAnual

Cantidade Roupa Cambio

Cámaras
1Par botas-illantesPor reposición
2XerseisPor reposición
2PasamontañasPor reposición
2FundasAnual
1Traxes de fríoPor reposición
4Pares de calcetínsPor reposición
2Camisetas de fríoAnual

* O vestiario de frío entregarase ó incorporarse ó cadro de persoal e reporase cando se produza rotura ou deterioración.

Administrativos e carreteiros externos

2Pares de zocosPor reposición

2PantalónsAnual

2BatasAnual

4Pares de calcetínsAnual

2Camisetas de fríoAnual

2XerseisPor reposición

Mantemento

1Par de botasAnual

4FundasPor reposición

4Pares de calcetínsAnual

2Camisetas de fríoAnual

1Traxe de fríoPor reposición

1Par de botas de fríoPor reposición

1PasamontañasPor reposición

O persoal de mantemento contará con roupa adecuada para realiza-lo traballo en cámaras.

Resto do persoal

1Pares de zocos

2Batas

As datas de reposición serán nos meses de xaneiro, abril, xullo ou outubro de cada ano.

Para casos excepcionais e por petición do comité de empresa poderanse adianta-las datas de reposición para tódolos traballadores/as que non teñan completo o seu vestiario como se establece en convenio colectivo.

Por reposición entenderase que é cando a roupa ou calzado está deteriorado e non vale para traballar habitualmente; no dito caso cambiarase por unha da mesma calidade, sempre e cando se devolva a roupa deteriorada.

Artigo 16º.-Estructura salarial.

Salario base: será igual para todo o persoal de Bajamar Séptima, sendo o seu valor segundo as táboas salariais anexas.

Antigüidade: a antigüidade de Bajamar Séptima, S.A., será o tope máximo do 60% do salario base, e aboarase en función de trienios consolidados a razón do 6,5% do salario base por cada trienio, aplicando sempre esta porcentaxe sobre o salario base vixente no ano que corre.

Complemento de convenio: é o complemento que aparece nas táboas salariais e é idéntico para tódalas categorías e seccións.

Complemento de cualificación persoal: complemento de cualificación persoal segundo categorías. Aparece recollido nas táboas anexas.

Complemento de posto de traballo: é o complemento que se percibe polas condicións específicas do posto de traballo.

Complemento de presencia: todo o persoal, como premio pola asistencia ó traballo, percibirá por día efectivo de traballo 0,805 euros. Aboarase nas pagas mensuais. Nas seguintes situacións tamén se percibirá o dito complemento malia non asistir ó traballo:

Nas horas sindicais reguladas no artigo 68 c) do Estatuto dos traballadores, por IT por accidente de traballo ou enfermidade profesional e sempre que interrompa a súa xornada para asistir a consultas médicas.

A contía diaria para 2002 será a resultante de aplica-la seguinte fórmula:

180,32 A compl. asistencia anual

= 0,805 Axdía efectivo traballado

224 días efectivos ano

Artigo 17º.-Salarios.

Son os que constan na táboa salarial anexa e que supoñen unha suba do 3% de tódolos conceptos coa excepción de: antigüidade, locomoción e transporte con respecto ós salarios existentes durante o ano 2001. Revisión salarial: finalizado o exercicio 2002, procederase a unha revisión salarial consistente en aplica-la diferencia positiva entre o incremento pactado e o índice de prezos ó consumo (IPC) sempre que este supere o 4% o 31 de decembro de 2002. A porcentaxe en que o IPC supere o 4% aplicarase sobre o salario anual do ano 2002 e aboarase nunha soa paga, durante o primeiro trimestre do ano 2003. Este incremento terase en conta como base de cálculo para o incremento do ano 2003.

Artigo 18º.-Complementos.

Complemento de nocturnidade: os traballadores/as que realicen a súa xornada na quenda de noite percibirán a cantidade que figura na táboa de salarios anexa. Os traballadores/as que permanentemente traballen na quenda de noite percibirán un complemento mensual que figura na táboa salarial anexa. A empresa e o comité de empresa estudiarán as solicitudes de tódolos traballadores e traballadoras en función da súa cualificación e as dispoñibilidades existentes, e contestaráselles sobre a súa aceptación ou non para formaren parte da quenda de noite, con carácter fixo, nun prazo máximo de 15 días.

As persoas que desexen apuntarse ou deixar de pertencer ó dito grupo deberanllo comunicar á empresa cun mes de antelación.

Complemento de transporte: o persoal de administración que, por ter unha xornada distinta ó servicio de autobús posto á disposición dos traballadores por parte da empresa, percibirá a cantidade resultante de aplica-la seguinte fórmula:

Compl. de coste de autobús A Coruña-Arteixoxviaxes ano

transporte= x1,17

mensual 12

(12 pagas)

A revisión do dito complemento farase anualmente tomando como prezo vixente o existente o 1 de xaneiro de cada ano. Para calcula-lo número de viaxes anuais consideraranse 4 viaxes diarias durante a xornada partida e 2 durante a xornada continuada.

Complemento de desprazamento: que será cobrado por todo o persoal a razón de 900 pesetas/día cando o traballador/a realice por solicitude da empresa un horario que o obrigue a desprazarse sen poder emprega-lo servicio de autobús da empresa, tanto se emprega este habitualmente como se non. O persoal de administración terá dereito a este complemento cando realice un desprazamento extra.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

É firme a vontade de ámbalas dúas partes da reducción ó mínimo de horas extraordinarias.

As horas extraordinarias serán aboadas segundo a táboa salarial anexa. A estes valores engadiráselle-la nocturnidade incrementada cunha porcentaxe do 75% ou 100% cando proceda.

As horas extras que se realicen en domingos e festivos, ademais de contar coa retribución antes sinalada, teñen a bonificación de igual tempo de descanso en xornada laboral habitual que tempo traballado, que será desfrutado nos 15 días inmediatos á súa realización.

Considerar como horas extras estructurais as realizadas para a posta en marcha e peche da empresa.

Considéranse horas extraordinarias estructurais as realizadas nos seguintes casos:

-Incidencias nas quendas, provocadas por licencias retribuídas ou IT.

-Ausencia imprevista de relevo no traballo a quenda.

-Reparacións perentorias que poidan afecta-la producción e períodos punta de traballo.

-Posta en marcha e peche da empresa.

As horas extras terán en todo instante o carácter de voluntarias, tal como prevé o ET no artigo 35.4º, salvo o pactado en contratos individuais.

Cando a xornada laboral normal de oito horas exceda en máis de 5 minutos e estea xustificada por razóns de traballo, aboarase como a continuación se indica:

Entre máis de 5 minutos e 30 minutos aboarase a razón de media hora extraordinaria.

Entre máis de 30 minutos e 1 hora aboarase a razón dunha hora extraordinaria.

Artigo 20º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio, incluído o persoal con contratos para a formación, desfrutará de tres pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade máis os complementos salariais que correspondan. As ditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

b) O día 15 de xullo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ó 30 de xuño do ano que se paga.

c) O día 15 de decembro. O período de devengo é do 1 de xullo ó 31 de decembro do ano no que se paga.

As ditas pagas serán sempre completas aínda que se produzan baixas por accidente ou enfermidade e serán iguais, facéndose efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

Así mesmo, tódolos traballadores e traballadoras cobrarán unha cuarta paga segundo táboas salariais anexas, máis a antigüidade que será aboada o 15 de outubro. A dita paga devengarase desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

Artigo 21º.-Contrato de aprendizaxe.

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despedimento improcedente obxectivo, ou por calquera tipo de expediente de regulación de emprego.

Características do contrato de aprendizaxe:

Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.

Prórroga: mínima de 6 meses.

Idade: de 16 a 21 anos.

Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.

Titor: cada dous aprendices como máximo terán un titor que teña como mínimo o nivel de cualificación que teña que adquiri-lo aprendiz.

Salario: o primeiro ano o 100% do salario base do convenio e o segundo ano o 120 % do salario base do convenio.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere preciso a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en dúas ou máis horas extraordinarias, a empresa facilitará unha axuda de custo de 11,44 euros. Facilitaráselles ós/ás traballadores/as un tempo de 15 minutos, que se considerará de traballo efectivo, no que o traballador/a xantará. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase a mesma axuda de custo e tempo de descanso en concepto de cea, cando se realicen 1,5 ou máis horas extraordinarias despois da dita xornada.

En casos especiais, se as necesidades do traballo urxente o requiren, o traballador/a poderá prescindir do tempo previsto para o xantar ou cear, sen que isto signifique a perda da axuda de custo establecida.

Artigo 23º.-Complemento por IT en caso de accidente de traballo.

Cando o persoal da empresa estea en situación de IT terá un complemento de ata o 100% do seu salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando sempre e cando sexa debido a AT ou EP; así mesmo, percibirá ata o 100% do salario cando se trate de EP e EC que requira hospitalización.

A tódolos traballadores/as da sección de fabricación, mantemento e traballadores de servicios auxiliares aboaráselles, na totalidade das baixas, o 100% do seu salario se no semestre natural anterior non se superou o 6% de absentismo laboral nestas sec

cións. Outro tanto sucederá cos traballadores/as de administración se nesta sección non se superou o 3% do absentismo no semestre anterior.

Artigo 24º.-Indemnización no caso de morte ou invalidez permanente por causa de accidente.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa, mediante a concentración de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantiralles ós seus traballadores/as ou, se é o caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día.

A. Por accidente non laboral.

A.1. Morte do traballador/a: 52.591,08 A.

A.2. Invalidez permanente total: 52.591,08 A.

A.3. Invalidez permanente absoluta: 105.182,15 A.

A.4. Grande invalidez: 210.364,32 euros.

O traballador/a percibirá a cantidade de cincuenta e dous mil cincocentos noventa e un euros con oito céntimos para os primeiros casos; cincuenta e dous mil cincocentos noventa e un euros con oito céntimos nos segundos casos; cento cinco mil cento oitenta e dous euros con quince céntimos nos terceiros casos, e douscentos dez mil trescentos sesenta e catro euros con trinta e dous céntimos no último caso.

B. Por accidente laboral.

B.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador/a ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de cincuenta e dous mil cincocentos noventa e un euros con oito céntimos.

B.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e grande invalidez.

O traballador/a percibirá a cantidade de cincuenta e dous mil cincocentos noventa e un euros con oito céntimos para os primeiros casos; cento cinco mil cento oitenta e dous euros con quince céntimos nos segundos casos, e douscentos dez mil trescentos sesenta e catro euros con trinta e dous céntimos para o terceiro caso.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador/a, de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que se poida dedicar a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador, de modo permanente, para toda profesión ou oficio.

Entenderase por grande invalidez a situación do traballador/a para efectos de incapacidade permanente absoluta e que, por consecuencia da perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, xantar ou análogos.

Estas condicións quedan establecidas na póliza de seguros, a copia da cal será entregada ó comité de empresa.

Artigo 25º.-Xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio, ós 65 anos, para todo o persoal da empresa.

Non obstante, a empresa realizará os trámites precisos co obxecto de xestiona-la xubilación anticipada e voluntaria co 100% da base de cotización que lle correspondería ós 65 anos para aqueles que teñan cotizado ó réxime da Seguridade Social antes do 1 de xaneiro de 1967.

Se a empresa decidise cubrir estas baixas terá en conta o disposto no artigo 7º.

Ó producirse a xubilación forzosa, a quen leve máis de 20 anos traballando na empresa, concederáselle un premio de tres mensualidades completas; no caso de que leve máis de 15 anos, dúas mensualidades completas e nos casos que a antigüidade sexa de 10 ou máis anos unha mensualidade, tamén completa. Se a dita xubilación se anticipa ós 65 anos gratificarase o traballador/a, ademais de co dito anteriormente, con 15 días máis por ano de anticipo.

Artigo 26º.-Aplicación deste convenio e vinculación á totalidade.

Se a empresa, por causas económicas ou doutra índole, decidise non aplicar este convenio, terá que contar previamente coa autorización da comisión paritaria e, no caso de non mediar acordo, serán os tribunais do Social os que arbitren unha solución definitiva. Mentres non haxa acordo ou resolución, a aplicación deste convenio será de obrigado cumprimento.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, por conseguinte, a non aplicación dalgunha das condicións nel pactadas supoñen as da totalidade.

No suposto de que a autoridade ou xurisdicción competente, no exercicio das súas facultades, non aprobase ou modificase algunha das súas cláusulas, a comisión negociadora do convenio deberá reunirse para revisalo.

Artigo 27º.-Formación de persoal.

Os obxectivos en formación son os seguintes:

-Integra-la formación na política global de xestión de recursos humanos da empresa.

-Potenciar iniciativas de formación que favorezan a modernización e xestión da empresa.

-Impulsar unha formación continua que asegure o mantemento das competencias dos empregos e, ó mesmo tempo, facilite a adquisición de novas capacidades que estimulen a promoción interna.

-Renovar e desenvolve-las destrezas e os coñecementos en función da previsible evolución das profesións e empregos, centrando a atención nas cualificacións que se requiren para o futuro.

-Ampliar e desenvolve-la colaboración con outras institucións públicas naqueles programas que complementen iniciativas de formación da compañía.

Financiamento da formación.

A formación promovida pola empresa poderase realizar dentro ou fóra da xornada laboral. No caso de ser realizada fóra da xornada laboral, a empresa aboaralle ó traballador/a as horas realizadas a razón do 50% do seu salario/hora ou ben en tempo libre a razón do 50% das horas realizadas de formación.

No caso de que a formación requira desprazamento ou necesidade doutro tipo de axudas de custo, estas serán aboadas pola empresa integramente.

Artigo 28º.-Faltas, sancións e procedemento sancionador.

As faltas cometidas polo traballador/a serán cualificadas, segundo a súa importancia, transcendencia e intención, en leves, graves ou moi graves.

1. Consideraranse como faltas leves as accións ou omisións seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes por un tempo total inferior a vinte minutos.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo dun día durante o período dun mes.

c) A non comunicación coa antelación previa da inasistencia ó traballo por causa xustificada, salvo que fose acreditada a imposibilidade da non notificación.

d) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada por breves períodos de tempo e sempre que iso non causase risco á integridade das persoas ou cousas; neste caso poderase cualificar, segundo a gravidade, como falta grave ou moi grave.

e) A desatención e falta de corrección no trato co público cando non prexudiquen gravemente a imaxe da empresa.

f) Os descoidos na conservación do material que se tivese a cargo ou do que fose responsable e que produzan deterioracións leves del.

g) A embriaguez non habitual no traballo.

2. Consideraranse como faltas graves as accións ou omisións seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes por tempo total de ata sesenta minutos.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo de dous ou catro días durante o período dun mes.

c) O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos que tivesen incidencia na Seguridade Social.

d) A simulación de enfermidade ou accidente, sen prexuízo do previsto na letra d) do número 3.

e) A suplantación doutro traballador, alterando os rexistros e controis de entrada e saída ó traballo.

f) A desobediencia á ordes e instruccións de traballo, incluídas as relativas a normas de seguridade e hixiene, así como a imprudencia ou neglixencia no traballo, salvo que delas derivasen prexuízos graves á empresa, causen avarías ás instalacións, maquinaria e, en xeral, bens da empresa ou comportasen risco de accidente para as persoas; neste caso serán consideradas como faltas moi graves.

g) A falta de comunicación á empresa dos desperfectos ou anormalidades observados nos útiles, ferramentas, vehículos e obras ó seu cargo, cando iso derivase nun prexuízo grave á empresa.

h) A realización sen o oportuno permiso de traballos particulares durante a xornada, así como o emprego de útiles, ferramentas, maquinaria, vehículos e, xeral, bens da empresa para os que non estivese autorizado, ou para usos alleos ós do traballo encomendado, incluso fóra da xornada laboral.

i) O quebrantamento ou a violación de segredos de obrigada reserva que non produzan grave prexuízo para a empresa.

j) A embriaguez habitual no traballo.

k) A falta de aseo e limpeza persoal cando poida afecta-lo proceso productivo ou a prestación do servicio e sempre que, previamente, mediase a oportuna advertencia na empresa.

l) A execución deficiente dos traballos encomendados, sempre que diso non derivase prexuízo grave para as persoas ou cousas.

m) A diminución do rendemento normal no traballo de xeito non repetido.

n) As ofensas proferidas verbalmente ou de obra, cometidas contra as persoas, dentro do centro de traballo, cando revistan unha acusada gravidade.

o) A reincidencia na comisión de cinco faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza e sempre que mediase sanción distinta de amoestación verbal, dentro dun trimestre.

3. Consideraranse faltas moi graves as accións ou omisións seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída no traballo en dez ocasións durante seis meses ou vinte durante un ano, debidamente advertida.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas ou a apropiación, furto ou roubo de bens de propiedade da empresa, de compañeiros/as ou de calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa.

d) A simulación de enfermidade ou accidente ou a prolongación da baixa por enfermidade ou accidente coa finalidade de realizar calquera traballo por conta propia ou allea.

e) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que produza grave prexuízo para a empresa.

f) A embriaguez habitual ou toxicomanía, se repercute negativamente no traballo.

g) A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

h) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal pactado.

i) A inobservancia dos servicios de mantemento no caso de folga.

j) O abuso de autoridade exercido por quen desenvolva funcións de mando.

k) O acoso sexual.

l) A reiterada non utilización dos elementos de protección en materia de seguridade e hixiene, debidamente advertida.

m) As derivadas dos epígrafes 1 d) e 2 l) e m) deste artigo.

n) A reincidencia ou reiteración na comisión de faltas graves, reiterando como tal aquela situación na que, con anterioridade ó momento da comisión do feito, o traballador estivese sancionado dúas ou máis veces por faltas graves, mesmo de distinta natureza, durante o período dun ano.

Sancións.

As sancións máximas que se van aplicar polas faltas poderán se-las seguintes:

Por falta leve: amoestación verbal ou escrita.

Pola reiteración de faltas leves: ata dous días de suspensión de emprego e soldo.

Por falta grave: ata sete días de suspensión de emprego e soldo.

Por falta moi grave: ata trinta días de suspensión de emprego e soldo ou despedimento disciplinario.

As faltas leves prescribirán ós dez días, as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días, a partir da data na que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós cento vinte días de se teren cometido.

As anotacións desfavorables que como consecuencia das sancións impostas puidesen facerse constar nos expedientes persoais quedarán canceladas ó terse cumpridos os prazos de dous, catro ou oito meses, segundo se trate de falta leve, grave ou moi grave.

Procedemento sancionador.

1. A sanción de faltas requirirá a comunicación escrita e motivada ó traballador.

2. A sanción de faltas moi graves requirirá a previa instrucción dun procedemento contradictorio suma

rio, con audiencia do traballador afectado e do comité de empresa, tendo este último quince días naturais para emitir informe previo á imposición da sanción.

3. Durante a substanciación do expediente disciplinario aludido no epígrafe anterior, a dirección da empresa poderá acorda-la medida cautelar de suspensión de emprego.

4. A dirección da empresa informará o comité de empresa sobre as sancións impostas por faltas graves e moi graves.

5. Cando o traballador estea afiliado a un sindicato, informarase ou escoitará o delegado sindical nos casos e cos procedementos previstos nos puntos 2 e 4 deste artigo.

6. Tratándose de delegado sindical ou membro do comité de empresa/delegado de persoal, haberá que aterse ó disposto no artigo 68 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 29º.-Garantías dos/as representantes dos/as traballadores/as.

A empresa garantirá que tódolos dereitos dos representantes que a Lei 8/1980, do 10 de marzo, e a súa reforma (Lei 11/1984) prevé que serán escrupulosamente cumpridos.

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas ás xuntanzas coa empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou varios traballadores/as trimestralmente.

O crédito horario non se computará para efectos de cálculo do índice de absentismo.

Artigo 30º.-Traballadores/as a tempo parcial.

Os traballadores/as a tempo parcial rexeranse polas seguintes condicións na súa contratación:

1. Garantiráselles unha xornada de 158 días de traballo efectivo, que corresponde ó 70% da xornada anual do convenio colectivo de Bajamar Séptima, S.A.

A xornada poderase ampliar ata 202 días anuais, se nos meses últimos de cada ano se supera a xornada de 158 días, e reducirse no primeiro de xaneiro do ano seguinte a un mínimo de 158 días no caso de que se superase a xornada no ano.

2. O importe será por hora efectiva de traballo e calcularase con base na seguinte fórmula:

SBA de categoría

2000

SBA: salario bruto anual

Garantirase por parte da empresa un mínimo de 27 días de traballo trimestrais máis un complemento de dispoñibilidade mensual segundo táboas salariais

anexas; este último independentemente dos días que se traballen no mes.

Como norma xeral, o horario de traballo coincidirá cos horarios establecidos para o resto do cadro de persoal; nos casos en que o dito horario sexa diferente, estas traballadoras e traballadores contarán, á parte dos 15 minutos de descanso retribuído, con outros 15 minutos de descanso non retribuído que se desfrutarán conxuntamente entre a terceira e a quinta hora desde o inicio da xornada.

Garántese un mínimo de dúas horas de traballo por chamada para pizzas refrixeradas, máis un complemento de desprazamento segundo convenio.

Bajamar Séptima comprométese a que tódolos venres saia publicado no taboleiro de anuncios a asignación do programa do traballo de cada traballador/a para a semana seguinte. No caso de que o dito calendario se vexa reducido, a empresa aboará a totalidade das horas programadas, e no caso de que se amplíe pagarase o exceso de horas non programadas como horas extras salvo que o dito incremento se produza debido a ausencias imprevistas do persoal e do comité.

A empresa empregará traballadores/as de Bajamar Séptima, S.A. a tempo parcial (fixos ou temporais), antes que traballadores/as de ETT, de xeito que non haberá traballadores/as de cadro de persoal de Bajamar Séptima, S.A. con xornada reducida (sen traballar) e traballadores/as de ETT prestando os seus servicios na empresa, podendo esta acollerse, no caso de xornada reducida, ó Decreto 1561/1995, ata unha vez por semana, non sendo consideradas horas extras as que sexan realizadas por estes mesmos traballadores/as e que non figuren incluídas no cuadrante de asignación de persoal, agás que estean a supera-la xornada máxima diaria, semanal ou anual.

Polo que se refire ás compensacións horarias e descansos haberá que aterse ó disposto no Decreto 1561/1995 mencionado, o convenio colectivo e os contratos individuais.

Para futuras contratacións haberá que aterse ó pactado nos seus contratos.

Artigo 31º.-Excedencia por maternidade.

Os traballadores e traballadoras que soliciten unha excedencia por razón de maternidade de acordo co artigo 46.3º do Estatuto dos traballadores terán dereito, durante o prazo máximo de tres anos, a ocupar automaticamente o seu posto de traballo, sempre que avisen a empresa por escrito con trinta días de antelación á data da súa incorporación.

Pódense prorrogar unha ou varias veces por períodos non inferiores a seis meses.

A petición realizarase por escrito cunha antelación de alomenos 15 días ó da data do seu inicio.

Os escritos tanto de solicitude de excedencia coma de incorporación ó posto de traballo deberá, ser contestados, igualmente por escrito, pola empresa.

Artigo 32º.-Excedencia por coidado de familiares.

Os traballadores e traballadoras terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atende-lo coidado dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidentes ou enfermidade non se puidesen valer por si mesmos. O período en que o traballador ou traballadora permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade, e o traballador ou traballadora terá dereito a reserva de posto de traballo.

Artigo 33º.-Asembleas.

As persoas que traballen en Bajamar Séptima, S.A., ademais dos dereitos recoñecidos no artigo 77 de Estatuto dos traballadores terán dereito á realización, dentro da xornada laboral, dun máximo de tres (3) asembleas ó ano dunha duración non superior a 30 minutos.

ANEXO I

A partir de entrada en vigor deste convenio as novas contratacións que se realicen recollerán as especificacións relativas ó traballo en productos refrixerados, xornada anual, vacacións e descansos.

ANEXO II

Os traballos e tarefas que afecten a producción de productos refrixerados, dada a súa substantividade propia dentro da actividade normal da empresa, poderanse cubrir mediante contratos de obra ou servicio determinado.

ANEXO III

A empresa comprométese a respecta-lo acordo subscrito co comité de empresa o día 10-9-1996, e rexistrado na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 30-9-1996, co número 438 nos seus epígrafes 2 e 3.

ANEXO IV

O persoal de mantemento que realice a xornada nocturna e que supere as 55 noites de xornada nocturna ó ano percibirá, á parte do complemento que viña percibindo, a cantidade de 523 pesetas por noite a partir da noite 56 (inclusive).

ANEXO V

Descontos en compras e subscrición de guía de servicios: a empresa comprométese, unha vez coñecidas as necesidades do persoal comunicadas polo comité de empresa, a entregar unha proposta para a efectividade destes dereitos nunha próxima reunión co comité de empresa.

Táboa salarial por sección e categoría ano 2002

Cód.Seccións e categoríasSalario

base

Compl.

convenio

Compl.

categoría

Compl.x11

presencia

x12 pagas

salario

mensual

x1 paga

extra

outubro

x3 pagas

extras

Salario

2002

Hora

extra

Hora

extra fest.

Hora

formación

100Titulados e técnicos

101Grao superior ou asimilados 507,6354,051.014,2416,391.575,92589,144.727,7624,408,2224,2627,7213,86

102Grao medio ou asimilados507,6354,05909,1816,391.470,85589,144.412,5622.832,2522,6825,9212,96

103Técnicos titulados507,6354,05488,9416,391.050,61589,143.151,8416.528,6616,3418,689,34

104Técnicos non titulados507,6354,05383,8816,39945,55589,142,836,6614.952,7514,7616,878,43

105Axudante técnico titulado507,6354,05278,8216,39840,49589,142.521,4813.376,8413,1815,067,53

106Axudante técnico non titulado507,6354,05186,7716,39748,45589,142.245,3411.996,1311,5913,256,63

200Administración xeral

201Xefe de departamento507,6354,051.049,5716,391.611,25589,144,833,7424,938,1224,7928,3314,17

202Xefe de sección507,6354,051.024,2616,391,585,93589,144.757,8024,558,4524,4127,9013,95

203Oficial 1ª507,6354,05387,7516,39949,43589,142.848,2815.010,8614,7216,828,41

204Oficial 2ª507,6354,05357,6116,39919,29589,142.757,8714.558,7714,3616,428,21

205Auxiliar 1ª507,6354,05173,7516,39735,43589,142.206,2811.800,8511,5913,256,63

206Auxiliar 2ª507,6354,0568,7016,39630,37589,141.891,1210.225,0410,0111,445,72

207Aspirante ou bolseiro507,6354,0542,4316,39604,11589,141.812,329.831,039,6210,995,49

300Cámaras e almacéns

301Xefe de equipo507,6354,05541,4716,391.103,14589,143.309,4317.316,5817,1419,589,79

302Oficial 1ª507,6354,05278,8216,39840,49589,142.521,4713.376,8013,1815,067,53

303Oficial 2ª507,6354,05219,4616,39781,14589,142.343,4112.486,4812,2814,047,02

304Especialista carreteiro507,6354,05156,9416,39718,62589,142.155,8511.548,6811,3412,966,48

305Operario/a507,6354,0522,4716,39584,15589,141.752,449.531,659,3110,645,32

306Mozos507,6354,050,0016,39561,68589,141.685,039.194,578,9810,265,13

400Mantemento

401Xefe de equipo507,6354,05541,4616,391.103,14589,143.309,4117,316,5017,1319,589,79

402Oficial 1ª507,6354,05488,9416,391.050,61589,143.151,8416.528,6216,3418,689,34

403Oficial 2ª507,6354,05444,8116,391.006,49589,143.019,4615.866,7415,6817,928,96

404Especialista507,6354,05261,4816,39823,16589,142.469,4713.116,7712,9214,767,38

405Operario/a507,6354,05173,7516,39735,43589,142.206,2911.800,8911,5913,256,63

500Fabricación

501Encargada xeral507,6354,05751,5916,391.313,26589,143.939,7920,468,4020,3023,2011,60

502Xefe/a de equipo507,6354,05488,9416,391.050,61589,143.151,8416.528,6216,3418,689,34

503Oficial 1ª507,6354,05278,8216,39840,49589,142.521,4713.376,8013,1815,067,53

504Oficial 2ª507,6354,05219,4616,39781,13589,142.343,4012.486,4512,2814,047,02

505Especialista507,6354,05156,9416,39718,62589,142.155,8511,548,6811,3412,966,48

506Operario/a507,6354,0522,4716,39584,15589,141.752,449.531,659,3110,645,32

Suba sobre o ano 2001, 3%+180 E lineais

Outros complementosAno ou díaMensual

Frío -25º complemento ano/12 pagas1.403,17116,93

Frío 0º complemento ano/12 pagas758,7663,23

Nocturnidade diaria10,350,00

Complemento de locomoción mensual943,7878,65

Compl. de dispoñibilidade mensual0,0070,76

Antigüidade trienio527,9333,00

Antigüidade seis anos1.055,8665,99

Antigüidade nove anos1.583,7998,99

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE