Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación do PERI U.A. 6 Sensat, unidade de execución 2 (expediente 4347/401).

Con data do 14 de marzo de 2002, a sociedade Solgalicia, S.L. presentou no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo solicitude de tramitación e aprobación do proxecto de compensación do PERI U.A. 6 Sensat, unidade de execución 2. Achegou para o efecto memoria e planos, na súa última versión que agora se somete a información pública e que foi redactado polo arquitecto Jaime Riera Nieves, e visado polo COAG nos días 16 de outubro, 8 de marzo e 13 de maio de 2002.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde

a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se estimen convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 30 de outubro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo