Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2002 referente á convocatoria e bases para a provisión por concurso-oposición dunha praza laboral fixa de operario de servicios do Concello de Arteixo.

No BOP da Coruña, número 235, do 14 de outubro de 2002, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexe-la convocatoria para a provisión por concurso-oposición dunha praza laboral fixa de operario de servicios do Concello de Arteixo.

As instancias polas que se solicita participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no rexistro xeral do Concello, dirixidas ó alcalde-presidente da corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 24 de outubro de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde