Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Elisa Isabel Rabuñal Rey.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 296/2002 interposto por Elisa Isabel Rabuñal Rey, na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

A recorrente, aspirante da categoría de técnico especialista de laboratorio, pretende a asignación de 70 puntos polo epígrafe de experiencia profesional, un total de 191,4 no concurso-oposición e a súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos