Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Velle-A Batundeira, 2, 32960 Ourense.
Denominación: L.M.T.S., C.T., avd. de Ourense, 108.
Situación: Xinzo de Limia.
Características técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 392 m de lonxitude, derivada da L.M.T subterránea ó C.T. Pombal e remata no C.T. proxectado con 400 kVA, R.T., 20.000/380-220 V, na planta baixa do edificio nº 108 da avda. de Ourense.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV, capítulo II, do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Ourense, 18 de outubro de 2002.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense