Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 23 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/126-3).

En aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba

o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do sector eléctrico, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se indica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle. 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., Parada de Ventosa.

Situación: Muíños.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 V, de 349 m de lonxitude, derivada desde o apoio nº 19 da L.M.T. As Conchas-Xinzo, e remata no C.T. en caseta existente en parada de Ventosa, redes de baixa tensión con 726 m de lonxitude, derivadas do citado C.T.

A declaración de utilidade pública, conforme o artigo 54 da citada lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se considera de necesaria ocupación, figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual, poderán presentar nesta delegación provincial as alegacións por duplicado, relativas á corrección de erros, limitacións á constitución de servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Decreto 1995/2000) e aqueloutras que se estimen oportunas.

Ourense, 23 de outubro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 2002/126Provincia: Ourense

L.M.T., C.T., e R.B.T. Parada de VentosaTermo municipal: Muíños

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2V. do RoloMonte baixoDolores López LópezRúa Penouzos, 6

32970 Seixalbo (Ourense)

18180

11ArroteaMonte baixoDolores López LópezRúa Penouzos, 6

32970 Seixalbo (Ourense)

21210