Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

EDICTO.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 25 de outubro de 2002, por proposta do organismo autónomo provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptou por unanimidade, entre outros acordos, o de aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2º da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recadación de recursos locais, realizou, seguindo o establecido nos artigos 106.3º da Lei 7/1985, do 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), o Concello da Estrada, no que respecta á xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 25 de outubro de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado