Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno en sesión do catorce de novembro de dous mil dous adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de actuación 4.3º e 4.4º promovido por Vicalia 1, S.L. e redactado polo enxeñeiro Alberto Moreno García Estudio A. Moreno, S.L. e con visado do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos do 6 de maio de 2002, de conformidade co estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes desde a súa publicación ou ben recurso contencioso-administrativo, diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que estime pertinente.

Cangas, 15 de novembro de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde