Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 30 de outubro de 2002, acordou aprobar inicialmente o expediente de constitución da comisión xestora e proxecto de estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación da UEI-16, tramitado por Consega, S.L.-Construcciones Ecológicas Gallegas, S.L., o que se fai público por espacio de vinte días, desde o día seguinte ó desta publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 7/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos das posibles alegacións que se consideren procedentes. O expediente queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servicio de Urbanismo deste concello.

Betanzos, 15 de novembro de 2002.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde