Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do servicio de limpeza nas casas do mar de Aguiño, Ribeira e Ferrol.

Esta delegación provincial, de conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que de seguido se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais na Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratos de servicios de limpeza.

b) Lugar de execución.

Expediente 14/2002: Casa do Mar de Aguiño (r/ Estrada ó Porto, s/n Aguiño).

Expediente 15/2002: Casa do Mar de Ferrol (r/ Porto s/n, 15400 Ferrol).

Expediente 16/2002: Casa do Mar de Ribeira (rúa dos Mariñeiros, 8, 15990 Riveira).

c) Prazo de execución: dous (2) anos, a partir da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon mínimo de explotación.

a) Importe total.

Expediente nº 14/2002.

Centro: Casa do Mar de Aguiño.

Cantidade: vintetrés mil seiscentos setenta e sete con noventa e dous euros (23.677,92 euros).

Expediente 15/2002.

Centro: Casa do Mar de Ferrol.

Cantidade: cento trinta e sete mil catrocentos trinta e dous con sesenta e catro euros (137.432,64 euros).

Expediente: 16/2002.

Centro: Casa do Mar de Ribeira.

Cantidade: dezasete mil catrocentos euros (17.400 euros).

5. Garantía.

a) Provisional: 2% do contrato.

Expediente 14/2002: Casa do Mar de Aguiño, catrocentos setenta e tres con cincuenta e seis euros (473,56 euros).

Expediente 15/2002: Casa do Mar de Ferrol, dous mil setecentos corenta e oito con sesenta e cinco euros (2.748,65 euros).

Expediente 16/2002: Casa do Mar de Ribeira, trescentos corenta e oito euros (348 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 2º.

c) Localidade e código postal: A Coruña-15011.

d) Teléfono: 981 18 58 03/06.

e) Telefax: 981 18 58 01.

f) Internet: www.xunta.es/contratacion.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles, excepto sábados, nas catro delegacións provinciais, así como na Secretaría Xeral da Consellería en Santiago de Compostela.

7. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación: será de oito días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Forma de presentación: a documentación que integrará as ofertas, deberá presentarse en sobres pechados e é a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais da Coruña, rúa Gregorio Hernández, 2-4, 2º. Sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Se as proposicións se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e comunicarse no mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax (enderezo indicado no punto 6).

8. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Enderezo: Concepción Arenal, 7-9.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o quinto (5º) día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido, e o nome do licitador.

11. Gastos do anuncio.

1.500 euros. Esta cantidade distribuirase en proporción á contía do adxudicado a cada un dos adxudicatarios dos servicios publicados no DOG.

A Coruña, 11 de novembro de 2002.

Mª José Ares Casal

Delegada provincial da Coruña