Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/278-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., e R.B.T., Figuerias, San Miguel de Oia.

Situación: Concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V. de 464 m de lonxitude, desde un apoio s/n da L.M.T. BAL 702, entre os CC.TT. S. Miguel de Oia e Estomada-Estea, rematando no C.T. que se proxecta en Figueiras-S. Miguel de Oia, no concello de Vigo, de 160 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 272 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. que se proxecta R.B.T., aérea, de 350 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o apoio onde se instala o paso aéreo-subterráneo da R.B.T.S.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto

1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 14 de outubro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra