Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/275-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento liñas por nova situación da sub. Carolinas.

Situación: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., con orixe na subestación Carolinas e final en: 1 L.M.T.S Rúa Nova-Friáns (790 m), 2 L.M.T.S. Porto-Vilaxoán (790 m), 3 L.M.T.S. dr. Tourón (672 m), 4 L.M.T.S. Caldas (790 m), 5 L.M.T.S. Carril II (520 m), 6 L.M.T.S. Larsa (790 m), 7 L.M.T.S. Catoira I-Carril (520 m), 8 L.M.T.S. Carril (520 m), 9 L.M.T.S. Riavella (790 m) e 10 L.M.T.S. Catoira II-Devesa (520 m). Concello de Vilagarcía de Arousa.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 14 de outubro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra