Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/401-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. peirao transatlánticos-peirao de Vigo.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, 15 kV, de 175 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde a L.M.T.S. ó C.T. mercado O Berbés, alimentando o C.T. que se proxecta no peirao de transatlánticos e rematando no centro de distribución de telefónica peirao, no concello de Vigo. C.T. de 630 kVA, R.T. 15 kV-220/382 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta, delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 17 de outubro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra