Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.536

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DA CORUÑA, S.A.

ANUNCIO da contratación de persoal mediante proceso selectivo.

1. Prazas que se convocan:

a) Auxiliares-administrativos (graduado escolar ou equivalente): 3.

b) Licenciado económicas-empresariais: 1.

c) Aparellador-arquitecto técnico: 1.

2. Tipo de contrato: laboral indefinido.

3. Proceso selectivo:

a) Exame tipo test sobre temario específico establecido nas bases.

b) Proba de galego.

c) Avaliación méritos.

d) Entrevista persoal.

4. Solicitudes e documentación necesaria:

a) Lugar de presentación: en man nas oficinas de Xestur A Coruña sitas na Ronda de Nelle nº 12-bis 1º da Coruña (tf.: 981 15 14 64).

b) Prazo: 10 días naturais desde a publicación deste anuncio no DOG ou prensa, ata as 14 horas do derradeiro día do prazo. Se este fose sábado ou festivo, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

c) Documentación: copias cotexadas DNI e título esixido, currículum vitae, e documentos acreditativos dos méritos alegados.

5. Bases da convocatoria:

Poderán recollerse nas ditas oficinas de Xestur A Coruña das 9 ás 14 horas de luns a venres.

6. Inicio das probas:

Transcorrido alomenos un mes desde a publicación deste anuncio.

Antonio Gómez Vázquez

Xerente de Xestión Urbanística da Coruña, S.A.