Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e bases para a constitución e funcionamento da Xunta de Compensación da UA II PERI IV-05 Aragón-Travesía de Vigo (finca Matías). (Expediente 4385/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 17 de outubro de 2002, adoptou entre outros o acordo de aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación da UA II do PERI IV-05 Aragón-Travesía de Vigo (finca Matías), presentado polo representante da entidade mercantil Inversiones Playamar, S.L., coas correccións que se conteñen na parte expositiva do presente acordo.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días, mediante publicación no DOG, BOP e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 12.4º da Lei 1/1997, do 24

de marzo, do solo de Galicia. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ó dispor do público en xeral, na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que, por resultaren descoñecidos/as ou por se ignora-lo seu domicilio, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, 14 de novembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo