Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da subministración de vestiario para o persoal do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación, nº de expediente 15348/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de vestiario para o persoal do Concello de Vigo.

Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.

Lotes: si, cinco lotes.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 141.464,40 A; lote 2: 125.416,09 A; lote 3: 327.151,96 A; lote 4: 99.627,50 A e lote 5: 934.992,77 A.

5. Garantía provisional: lote 1: 2.829,22 A; lote 2: 2.508,32 A; lote 3: 6.543,03 A; lote 4: 1.922,55 A e lote 5: 6.000 A.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: 13-12-2002.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13-12-2002.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do 17-12-2002.

10. Outras informacións:

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 24 de outubro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde