Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO de contratación de obras.

O Concello de Vedra anuncia a contratación, mediante poxa, da obra Casa de Cultura de San Xián de Sales, de acordo coas seguintes cláusulas:

1. Obxecto.

A contratación da obra denominada Casa de Cultura de San Xián de Sales, incluída no Plan 2000 de Infraestructuras.

2. Forma, procedemento e tramitación da adxudicación.

Forma: poxa.

Procedemento: aberto.

Tramitación: ordinaria.

3. Documentación e información.

Entidade: Concello de Vedra.

Domicilio: avda. M. M. Gómez Lorenzo, 1.

Localidade e código postal: Vedra 15885.

Teléfono: 981 81 46 12, fax: 981 50 33 31.

Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

4. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral da casa do concello, dentro do prazo de 26 días naturais, contados a partir da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, das 8.30 ás 14 horas.

5. Orzamento base de licitación: 139.194,40 euros.

6. Clasificación: grupo C, categoría B.

7. Prazo de execución: 14 meses.

8. Fianza.

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

9. Apertura de plicas e adxudicación.

Terá lugar na Casa do Concello de Vedra, ás 13 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, agás sábados.

10. Gastos de publicidade.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Modelo de proposición.

Don... con domicilio en..., rúa..., nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº..., e con domicilio en..., nº..., teléfono...) toma parte na poxa, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de..., facendo constar para os efectos:

1º Que ofrece o prezo de... (IVE incluído) que representa unha baixa de..., en relación co tipo de licitación.

2º Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3º Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

..., ... de... de 2002.

O licitador (asinado e rubricado)

Vedra, 23 de outubro de 2002.

Odón C. Cobas García

Alcalde