Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.510

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002 pola que se aproba a relación provisional de aspirantes de admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior de microscopía electrónica, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade, convocadas por Resolución do 12 de setembro de 2002.

Por resolución do rectorado desta universidade do 12 de setembro de 2002 (DOG do 3 de outubro/BOE do 7 de outubro) convocáronse probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior de microscopía electrónica, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade co establecido no artigo 12 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 20 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Declarar aprobada e facer pública a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión da causa de exclusión, ás citadas probas. A lista completa de aspirantes figurará exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Oporto, nº 1, Vigo) e nos rexistros dos campus de Ourense (unidade administrativa, Campus As Lagoas s/n, Ourense), Pontevedra (Facultade de Ciencias Sociais, Campus A Xunqueira s/n, Pontevedra) e As La-

goas-Marcosende (CACTI, Campus As Lagoas-Marcosende, Vigo).

Segundo.-De conformidade coa base 4.1 da Resolución do 12 de setembro de 2002, os aspirantes excluídos e os omitidos, por non figurar na lista de admitidos nin na de excluídos, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emenda-los defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión.

Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, quedarán definitivamente excluídos da realización das probas.

Vigo, 6 de novembro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo