Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.478

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hotelera del Noroeste, S.A. (centro de traballo Hotel Hesperia-Peregrino).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Hotelera del Noroeste, S.A. (centro de traballo Hotel Hesperia-Peregrino) (código convenio 1503221), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-6-2002, complementado o 4-11-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 24-5-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de novembro de 2002.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Hotelera

del Noroeste, S.A., Hesperia-Hotel Peregrino

para o ano 2002

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio afecta ó persoal do cadro de persoal fixo do centro de traballo Hesperia-Hotel Peregrino de Santiago de Compostela da empresa Hotelera del Noroeste, S.A.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2002, independentemente da súa publicación no boletín oficial correspondente, e rematará o 31 de decembro de 2002.

Poderá ser denunciado por calquera das partes mediante escrito certificado cunha antelación mínima de 1 mes á data do seu vencemento, e se non

fose denunciado entenderase prorrogado por períodos dun ano sucesivamente.

Artigo 3º.-Sistema de retribución.

A retribución salarial do persoal afectado polo presente convenio consistirá nun salario base, consonte as distintas categorías profesionais, ó que se lle sumarán os complementos e complementos que se pactan.

Para o ano 2002 aplicarase unha suba salarial do 3% sobre tódolos conceptos.

No caso de que o IPC anual resultante a 31-12-2002, fose superior ó 2%, aplicarase unha revisión salarial polo exceso, con efectos do 1-1-2002.

Artigo 4º.-Compensacións e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que se establezan no sucesivo, serán compensables e absorbibles ata onde alcancen os aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

Artigo 5º.-Comisión en divisas.

O tanto por cento correspondente á dita comisión será repartido entre o persoal do departamento que efectúe os trocos.

Artigo 6º.-Ordenación das categorías profesionais.

Tódalas categorías profesionais das actividades de hostalería adscribiranse segundo os seguintes niveis:

Nivel 1:

Gobernanta.

Xefe/a de comedor.

Xefe/a de cociña.

Xefe/a de recepción.

Xefe/a de administración.

Nivel 2:

Xefe/a de sector.

Encargado/a de economato.

Xefe/a de partida.

Encargado/a de mostrador.

Encargado/a de traballos.

Nivel 3:

Recepcionista.

Oficial de contabilidade.

Camareiro/a de cafetería.

Conserxe de noite.

Cociñeiro/a.

Dependente de 1ª.

Porteiro/a de servicio.

Camareiro/a de discoteca.

Nivel 4:

Mecánico-calefactor.

Nivel 5:

Camareira/o de pisos.

Limpador/a.

Mozo de equipaxes.

Fregador/a.

Lavandeira/o.

Nos casos en que non se teña incluído algunha categoría neste artigo, a comisión paritaria determinará o seu encadramento correspondente, categoría e nivel.

Artigo 7º.-Salario base.

A cada categoría profesional aplicaráselle a contía salarial mínima correspondentes a cada nivel, e serán as seguintes:

Nivel2002

1866,95 A

2771,31 A

3720,30 A

4656,54 A

5643,78 A

Artigo 8º.-Manutención.

O persoal de calquera clase e categoría terá dereito á manutención como complemento salarial en especie, que se percibirá con cargo á empresa, e durante as horas en que presten os seus servicios e sempre que avisen o mes anterior.

O complemento en especie de manutención poderá substituírse mediante a entrega dunha cantidade mensual, computada diariamente.

Para o ano 2002 será de 34,17 A, mensuais.

Artigo 9º.-Aloxamento.

Considerarase incluído nos salarios que figuran no artigo 7º o importe de aloxamento a aquel persoal que o ten recoñecido pola ordenanza laboral do 28 de febreiro de 1974.

Artigo 10º.-Transporte.

Establécese un complemento de transporte para o ano 2002 e para todo o persoal afectado polo presente convenio de 39,12 A, mensuais.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade que se viña percibindo por porcentaxes segundo os anos de antigüidade na empresa, queda modificado polo acordo entre as partes por entender que dificulta a contratación e permanencia dos traballadores/as que acceden agora ou o fixeron nos últimos tempos a un posto de traballo.

Con tal motivo en busca de promover e consolida-la contratación e o emprego na hostalería, acórdase modifica-lo artigo do complemento de antigüidade, que se conxela, desaparecendo por tanto as táboas

de porcentaxes e salarios neste concepto, quedando establecido do seguinte xeito:

Os traballadores/as que á data de entrada en vigor do presente convenio viñan percibindo mensualmente algunha cantidade por antigüidade seguirana recibindo en anos sucesivos e figurando na súa nómina o concepto de complemento de antigüidade por dereitos adquiridos. Este concepto será negociado cada ano ou cando se negocie un convenio. Os traballadores/as que no momento de entrar en vigor o presente convenio non tiveran xerada antigüidade, non a xerarán.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de marzo, xullo, setembro e Nadal, serán de trinta días. Estarán constituídas polos salarios do artigo 7º, incrementados coa antigüidade que corresponda en cada caso, así como o resto dos complementos.

O período de devengo de cada unha das pagas será o seguinte:

Paga de marzo: do 16 de marzo ó 15 de marzo do ano seguinte.

Paga de xullo: do 1 de xullo ó 30 de xuño do ano seguinte.

Paga de setembro: do 16 de setembro ó 15 de setembro do ano seguinte.

Paga de Nadal: do 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

As citadas pagas aboaranse o 15 de marzo, 18 de xullo, 15 de setembro e 22 de decembro, respectivamente.

Artigo 13º.-Vacacións.

Tódolos traballadores/as terán dereito a trinta días de vacacións anuais, podéndose desfrutar en bloque ou fraccionados en dous períodos de quince días cada un.

A decisión de desfrutalas nun período ou en dous, así como a data ou datas de desfrute, terá que ser de mutuo acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores/as. En caso de desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o desfrute corresponda, e contra a súa decisión non se poderá recorrer.

Con independencia das vacacións, os traballadores/as desfrutarán dos días non laborables legalmente establecidos.

Artigo 14º.-Xornada laboral.

A duración máxima da xornada de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo. Tódolos traballadores/as terán dereito a dous días de descanso semanal e ininterrompido. Será xornada continuada nos departamentos de recepción, conserxería, teléfonos, pisos, lencería, administración e contabilidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as doce da noite e as oito da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o tra

ballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incrementada, como mínimo, nun 25% sobre o salario base.

Artigo 15º.-Dote por casamento.

Tanto o persoal masculino como feminino que leve dous anos de servicio na empresa e case, percibirá, en concepto de premio, unha mensualidade de retribución, que comprenderá o salario base máis a antigüidade.

Este dereito só poderá ser desfrutado unha soa vez polo productor/a durante a súa permanencia na empresa.

Artigo 16º.-Licencias.

Sen perda de retribución ningunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes e coa seguinte duración:

-Casamento do traballador: 15 días.

-Enfermidade grave, intervención cirúrxica ou morte do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 4 días.

-Parto do cónxuxe: 4 días.

-Voda de fillos, irmáns, bautizos e primeiras comuñóns: 1 día, se é dentro da provincia, e 3 días se é fora dela.

-Traslado do domicilio habitual: 1 día.

-Libre disposición, non acumulables ás vacacións: 2 días.

Artigo 17º.-Excedencia.

O traballador/a cunha antigüidade na empresa, alomenos, dun ano, terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de cinco anos, sen que en ningún caso se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada. Reunirá o traballador/traballadora as condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgarase dentro do prazo dun mes a partir da data da petición.

b) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos, concedéndose polo tempo solicitado.

c) O traballador/a que desexe incorporarse ó seu posto de traballo notificarallo á empresa cun mes de anticipación á data na que expire o prazo.

d) Perderá o dereito á incorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que en tal período de tempo preste servicios por conta allea, en calquera posto de traballo, dentro do estado español, en empresas comprendidas no Acordo laboral estatal para as empresas de hostalería (ALEH).

e) Se a empresa dera emprego a outro traballador/a para substituí-lo excedente, aquel terá a condición de interino, causando baixa ó reincorporarse o substituído. Se este non se reincorporara no prazo e con

dicións sinaladas, cesaría definitivamente na empresa, adquirindo o interino a condición de fixo.

f) Para acollerse a outra excedencia voluntaria, o traballador/a deberá cubrir un novo período de, polo menos, catro anos de servicios efectivos na empresa.

g) A excedencia voluntaria concederase sen dereito ningun a retribución.

h) Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores/as que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior e mentres dure o exercicio do seu mandato.

i) A excedencia para coidado de fillos, tanto cando o sexa por natureza, como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, así como para atender ó coidado de familiares, virá regulada polo establecido na Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras, e demais lexislación vixente e concordante.

Artigo 18º.-Enfermidade.

En caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social, ata o 100 por 100 do salario establecido no artigo 7º, máis a antigüidade, complemento de manutención, transporte e complementos. Esta prestación manterase por un período máximo de doce meses.

Absentismo.-Nos tres primeiros días de ausencia, deixarase de devenga-lo 20% da retribución diaria.

-Do cuarto ó decimo día, ambos inclusive, deixarase de devenga-lo 10% da citada retribución, con xustificación médica á empresa.

-Cando a situación de enfermidade común dure máis de dez días ininterrompidos, devengarase a retribución íntegra desde o primeiro día de ausencia.

-Das situacións de enfermidade aludidas exclúense as ausencias orixinadas por: hospitalización, intervención cirúrxica, descanso por maternidade e accidente laboral.

Así mesmo, os períodos de enfermidade ou accidente de traballo non se terán en conta para deducir do período de vacacións.

Artigo 19º.-Xubilación e auxilio de defunción.

En caso de finamento do traballador/a concederáselle á viúva, viúvo ou fillos/as, un auxilio de defunción na seguinte contía e xeito:

-Por cinco anos de servicio: unha mensualidade.

-Por dez anos de servicio: dúas mensualidades.

-Por vinte anos de servicio: tres mensualidades.

-Por vintecinco anos de servicios: catro mensualidades.

Ó persoal que non leve os cinco anos de servicio na empresa pagaráselle a parte proporcional ó tempo traballado na contía de seis días por ano de servicio.

Ó producirse a xubilación dun traballador/a que leve, como mínimo, quince anos de servicio na empresa, percibirá dúas mensualidades, incrementadas con tódolos emolumentos inherentes a ela, e unha mensualidade máis por cada cinco anos que exceda dos quince de referencia.

Artigo 20º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo da empresa, que se efectuará sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais do traballador/a, estará limitada ós departamentos de comedor e cafetería, entre si, e os de pisos, limpeza e lavandería, tamén entre si, e sempre que as necesidades do servicio así o reclamen, de acordo co establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 21º.-Prazos de aviso previo.

Os prazos de aviso previo, nos casos de cesamento voluntario dos traballadores/as serán os seguintes:

De 15 días os traballadores/as encadrados nos niveis 1 e 2; e de 10 días o resto do persoal, segundo o artigo 6º.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda do que puidera corresponderlles polas partes proporcionais das gratificacións extraordinarias recollidas no artigo 12º.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo, aboarase cun incremento que non será inferior ó 75% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria.

Artigo 23º.-Póliza de seguro de accidentes.

A empresa contratará para todo o persoal afectado por este convenio un seguro de accidentes durante a prestación de traballo ou in itinere, de morte ou invalidez permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, pola cantidade de 15.025,30 A para cada un dos casos mencionados anteriormente.

Artigo 24º.-Calendario laboral.

A empresa deberá contar cun calendario laboral no que figuren as quendas de traballo, descansos semanais, quendas de vacacións para cada traballador/a, e festas anuais.

Este calendario laboral será realizado pola representación da empresa e os representantes dos traballadores, tendo que quedar fixado antes do 31 de outubro do ano anterior do que se trate.

A dirección deberá facer unha copia, asinada convenientemente polas representacións respectivas, expoñéndoa nun lugar visible do centro de traballo para coñecemento de tódolos traballadores/as, así como entregar unha copia ós representantes.

Artigo 25º.-Día da patroa.

Os días 29 e 30 de xullo, festividade de Santa Marta, consideraranse festivos a efectos laborais, coa opción por parte da empresa de poder substituílos

polo seu pagamento en metálico, co fin de mante-lo normal funcionamento dela. A substitución en metálico será a que corresponda ó traballador/a polo salario total dunha xornada normal.

Artigo 26º.-Dereitos sindicais.

As garantías sindicais que no artigo 68 do Estatuto dos traballadores establécense para os membros do comité de empresa e delegados/as de persoal electos, esténdense ós candidatos/as a aqueles postos e durante os seis meses seguintes de celebradas as eleccións ás que se presentaron pola súa calidade ou condición de candidatos/as. Recoñécese a existencia de seccións sindicais na empresa, así como de delegados/as das seccións sindicais, os que terán os mesmos dereitos e garantías que os membros do comité de empresa.

Os traballadores/as terán dereito a celebrar asembleas, con carácter ordinario, unha vez ó mes, fóra da xornada laboral e cunha duración dunha hora, sen interrompe-la actividade do servicio. Nos demais dereitos seguirase o disposto na ordenanza laboral, Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais normas complementarias.

Artigo 27º.-Roupa de traballo.

No caso de seguir esixindo uniformidade, a empresa facilitará a todo o persoal un mínimo de dous uniformes anuais (inverno e verán), aboándolles unha cantidade en concepto de limpeza e mantemento; no caso de non ser obrigatorio o uso do uniforme facilitaráselle-la roupa de traballo adecuada para as funcións que desenvolva.

Artigo 28º.-Recoñecementos médicos.

Realizarase unha revisión médica anual, de acordo co establecido na vixente Lei de prevención de riscos laborais e normas que a desenvolven. Dos resultados da dita revisión entregaráselle copia a cada traballador/a.

Artigo 29º.-Complementos.

Aboarase un complemento persoal, de carácter consolidable, nas contías que figuran nas táboas salariais anexas a este convenio. Este complemento producirase en tódalas pagas e será percibido polo persoal que a 30 de xuño de 1995 estivera prestando servicios na empresa.

Artigo 30º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación, aplicación, arbitraxe e vixilancia deste convenio, créase unha comisión paritaria integrada pola representación dos traballadores/as e da empresa, de acordo co establecido no artigo 85.2º e) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 31º.-Resolución de conflictos.

As partes asinantes do presente convenio, adecuándose ó establecido na recomendación número 92 da OIT e no artigo nº 6 da Carta Social Europea, sobre conciliación, mediación e arbitraxe voluntaria, acordan, en caso de conflictos non individuais xurdidos como consecuencia da aplicación e interpretación deste convenio colectivo, someterse ós pro

cedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo establecidos no Acordo Interprofesional Galego (AGA), subscrito entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais

Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.), Unión Xeral de traballadores/as (UGT) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), nos propios termos nos que nel están formulados.

Táboas salariais 2002

CategoríasNivelSalario baseComplementoManutenciónTransporte

Gobernanta1866,95 A34,17 A39,12 A

Xefe/a de comedor1866,95 A154,76 A34,17 A39,12 A

Xefe/a de cociña1866,95 A154,76 A34,17 A39,12 A

Xefe/a de recepción1866,95 A216,88 A34,17 A39,12 A

Xefe/a de administración1866,95 A34,17 A39,12 A

Encargado/a de mostrador2771,31 A34,17 A39,12 A

Xefe/a de sector2771,31 A34,17 A39,12 A

Encargado/a de economato2771,31 A 92,85 A34,17 A39,12 A

Xefe de partida2771,31 A123,81 A34,17 A39,12 A

Encargado/a de traballos2771,31 A 61,90 A34,17 A39,12 A

Camareiro/a de cafetería3720,30 A34,17 A39,12 A

Camareiro/a de comedor3720,30 A204,28 A34,17 A39,12 A

Camareiro/a de discoteca3720,30 A123,81 A34,17 A39,12 A

Conxerxe de noite3720,30 A34,17 A39,12 A

Cociñeiro/a3720,30 A 92,85 A34,17 A39,12 A

Oficial de contabilidade3720,30 A111,43 A34,17 A39,12 A

Recepcionista3720,30 A111,43 A34,17 A39,12 A

Dependiente de 1ª3720,30 A34,17 A39,12 A

Porteiro de servicio3720,30 A123,81 A34,17 A39,12 A

Mecánico-calefactor4656,54 A34,17 A39,12 A

Camareiro/a de pisos5643,78 A34,17 A39,12 A

Limpador/a5643,78 A34,17 A39,12 A

Mozo de equipaxes5643,78 A34,17 A39,12 A

Fregador/a5643,78 A34,17 A39,12 A

Lavandeiro/a5643,78 A34,17 A39,12 A

Empresa Hotelera del Noroeste, S.A.

Centro de traballo Hotel Hespería-Peregrino

Quendas de traballo-horarios

Observacións

Administración-economato

9 horas a 17 horas

De luns a venres.

Cafetería-comedor

7 horas a 15 horas

8 horas a 16 horas

16 horas a 00 horas

Quendas semanais rotatorias.

Dous días de descanso semanais continuados, con descanso en fin de semana rotativo.

Cociña *

8 horas a 16 horas

12 horas a 16 horas//19.30 horas a 23.30 horas

Quendas rotatorias.

Dous días de descanso semanais continuados, con descanso en fin de semana rotativo.

Conserxería

8 horas a 16 horas

16 horas a 00 horas

00 horas a 8 horas

Quendas semanais rotatorias de mañá e tarde.

Dous días de descanso semanais continuados, con descanso en fin de semana rotativo.

Quenda de noite fixa.

Lavandería

9 horas a 17 horas

Dous días de descanso semanais continuados, con descanso en fin de semana rotativo.

Limpeza

8 horas a 16 horas

14 horas a 22 horas

Quendas fixas.

Dous días de descanso semanais continuados, con descanso en fin de semana rotativo.

Mantemento

9 horas a 13 horas//15 horas a 19 horas

Dous días de descanso semanais continuados, con descanso en fin de semana rotativo.

Observacións

Pisos

9 horas a 17 horas

15 horas a 23 horas

Quendas fixas.

Dous días de descanso semanais continuados, con descanso en fin de semana rotativo.

Recepción

8 horas a 16 horas

16 horas a 00 horas

Quendas semanais rotatorias de mañá e tarde.

Dous días de descanso semanais continuados, con descanso en fin de semana rotativo.

* Pendente de concretar

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE