Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual no ámbito do PERI II-09 Bouzas (expediente 5165/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 30 de setembro de 2002, adoptou entre outros o acordo

de aprobar definitivamente o expediente de modificación puntural do documento de emendas de deficiencias na adaptación do Plan xeral de ordenación urbana de 1988 á Lei de adaptación da do solo a Galicia relativa ó Plan especial de reforma interior de Bouzas, segundo documentación redactada pola arquitecta Mª Asunción Leboreiro Amaro, en execución do contrato de asistencia técnica co Concello de Vigo, corrixida en agosto de 2002, co contido expresado na memoria da modificación, e coas condicións dos informes favorables do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 28 de xuño de 2002 e do director xeral de Urbanismo da citada consellería do 19 de xullo de 2002.

De conformidade cos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos/as propietarios/as afectados/as descoñecidos/as, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse o seguinte recurso:

A. Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 23 de outubro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da xerencia municipal de Urbanismo