Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2002 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dun contrato administrativo.

* Levantamento topográfico e actualización da cartografía dos portos centro e sur de Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: levantamento topográfico e actualización da cartografía dos portos centro e sur de Portos de Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 164, do 27 de agosto de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 116.696 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 30-10-2002.

b) Adxudicatario: Ute Topgalicia-Topser, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 102.109 euros.

e) Prazo adxudicación: oito meses.

6. Outras informacións: en cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase, advertindo que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia