Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2002 Páx. 16.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/148-2, 5935 A.T).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Aviporto, S.L.

Domicilio social: Deputación 1, 27170 Portomarín.

Denominación: L.M.T. e C.T. granxa avícola en Toxibó.

Situación: Portomarín.

Descricións técnicas: L.M.T.A. a 20 kV conductor tipo LA-56 con lonxitude de 0,025 km con orixe en L.M.T. a C.T. Aviporto C.B. e final en L.M.T. subterránea a C.T. granxa avícola Aviporto, S.L. L.M.T.S. a 20 kV conductor tipo R.H.V. con lonxitude de 0,4 km con orixe en L.M.T.A. proxectada a C.T. granxa avícola Aviporto, S.L. e final en C.T. granxa avícola Aviporto, S.L. C.T. de 400 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 22 de outubro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo